Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coremain participa nun proxecto para facilitar misións críticas de emerxencia dende o ar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coremain participa nun proxecto para facilitar misións críticas de emerxencia dende o ar

Redacción
Publicado: 05/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coremain_579763_462136177173037_736103628_n.jpgA empresa galega Coremain, emprazada no Polígono de Costa Vella de Santiago, é unha as impulsoras e participantes do Proxecto Enxame (Proyecto Enjambre), unha iniciativa estatal para encamiñar e facilitar misións críticas de emerxencia con medios aéreos tripulados (e non tripulados) en voos cooperativos. Segundo fai saber a firma galega, Enxame centrarase en tres prioridades da Estratexia de Seguridade Nacional. Estas son: ordenación de fluxos migratorios, protección ante emerxencias e catástrofes e seguridade marítima. Nestas áreas, engádese, o sector privado pode dar soporte tecnolóxico ao ámbito público, achegando innovadores servizos que faciliten a cooperación entre ambas frontes. Cooperación para, por exemplo, encetar misións críticas do xeito máis seguro, eficaz, eficiente, rendible e sustentable posible. Aquí entra en xogo, precisamente, Enxame.
Entre outras cousas, encamíñase a facer máis doado e factible o uso de aparellos non tripulados, complementando a situación actual (medios tripulados para as misións de observación e posterior intervención) coa introdución e afianzamento de novas e avanzadas tecnoloxías para o voo e o control de aparellos, por exemplo a tecnoloxía RPA (Remotely Piloted Aircraft, ou sexa vehículos aéreos que se gobernan retomamente dende terra).
Segundo lembra Coremain, o obxectivo concreto do proxecto é “o desenvolvemento dun novo servizo de misións críticas de emerxencias onshore e offshore, que permita a actuación cooperativa e segura de aeronaves tripuladas e non tripuladas nun mesmo espazo aéreo, dispondo de vehículos aéreos que desempeñen exclusivamente labores de observación ao servizo das aeronaves tripuladas de intervención, facilitando a toma de decisións durante as operacións”.
Grazas a este servizo poderanse reducir os custos de investimento, operación e mantemento das operacións, aumentando a cobertura e a eficiencia do servizo. Enxame contará ás súas costas cun consorcio multidisciplinar formado por Inaer, Coremain, PildoLabs, Álava Ingenieros e Temai, e tamén por FADA-CATEC, UA, UCO, UPC E ULE. O proxecto abrangue catro anos de traballo e conta un orzamento de 9,8 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?