Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña porá en marcha o luns a súa nova aplicación de xestión tributaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña porá en marcha o luns a súa nova aplicación de xestión tributaria

Redacción
Publicado: 06/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Eugenia Vieito, concelleira de Facenda, nunha imaxe de arquivo
Eugenia Vieito, concelleira de Facenda, nunha imaxe de arquivo
O Concello da Coruña porá en marcha o vindeiro luns a súa nova aplicación informática de xestión e recadación tributaria, motivo polo cal ficará pechada ao longo de toda a xornada a Caixa Municipal (non será posible emitir liquidación ou autoliquidación soportodas pola infraestrutura informática, aínda que si poderán pagarase documentos de ingreso emitidos previamente empregando as sucursais físicas ou dixitais dos bancos asociados ou os cartóns bancarios mediante a app do Concello da Coruña). Segundo avanza o Goberno local, a implantación deste sistema permitirá ampliar as opcións do Plan de Pago Personalizado 2017 e, nun plano máis concreto, posibilitará cousas como a ampliación da modalidade de pago fraccionado a todas as taxas de vencemento periódico, amais de achegar a opción de facer o abono en dous, tres, catro, cinco ou seis prazos.
Segundo amplía o Concello, “a nova aplicación informática mellorará de maneira substancial a actualización da xestión tributaria e, ademais, servirá para poder aplicar na súa totalidade en 2017 todas as opcións de pago personalizado de tributos que se establecen na ordenanza xeral de recadación que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro”.
O obxectivo deste Plan de Pago Personalizado é, de feito, facilitar o pagamento aos contribuíntes “para que poidan axustar o ritmo de pago as súas dispoñibilidades, en especial ás familias e persoas con dificultades económicas e, ao mesmo tempo dar periodicidade aos ingresos do Concello”, sinalou a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, que avanzou que o ano vindeiro, xa coa integración total da dita ferramenta, esta nova forma de pago poderase ampliar ao resto de gravames de vencemento periódico, como son o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e as taxas de lixo e vados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?