Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS loce potencial industrial na súa xornada Inside the Lab deste venres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS loce potencial industrial na súa xornada Inside the Lab deste venres

Redacción
Publicado: 06/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citius_xornadas_inside_lab_2016.jpgO CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela) acolle este venres 8 de xullo a segunda Edición da Xornada de Demostración Tecnolóxica Inside the Lab, unha actividade dirixida a amosar tecnoloxías impulsadas e desenvolvidas no propio centro e co obxectivo de expoñer as súas aplicacións e potencialidades en múltiples eidos empresariais e industriais. O evento, que se celebra de 10.00 a 14.00 horas, permitirá aos participantes acceder libremente a calquera dos 18 puntos de información artellados na sede do CiTIUS para tal ocasión. Neles, os investigadores responsables dos desenvolvementos amosarán polo miúdo os usos e vantaxes de cadansúas solucións.
Segundo avanza o centro compostelán, entre os demostradores dispoñibles inclúense sistemas para o autocoidado e mellora da adherencia á medicación, o seguimento do tráfico mediante visión por computador ou ferramentas para a predición dos gustos do consumidor, así como tecnoloxías para a localización e reconstrución de escenas 3D e a análise do territorio mediante imaxes hiperespectrais. Trátase, sinala o CiTIUS, “dunha ampla gama de resultados con aplicación en múltiples ámbitos, escollidos minuciosamente co propósito de cubrir distintas necesidades do sector empresarial”.
O encontro contará tamén coa presenza de dúas das spin-off creadas por investigadores do CiTIUS. Por unha banda Situm, que centra a súa actividade no desenvolvemento de tecnoloxías de xeoposicionamento en interiores e pola outra Imagames, empresa orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversas contornas, como a formación de empregados e estudantes ou a mercadotecnia dixital.
A participación nesta xornada é de balde e require inscrición previa a través da web do evento, ata o xoves 7 de xullo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?