Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cinco millóns de euros para habilitar redes ultrarrápidas en 81 polígonos máis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cinco millóns de euros para habilitar redes ultrarrápidas en 81 polígonos máis

Redacción
Publicado: 07/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

poligono_industrial.jpgO acceso avanzado á Rede é un pulo extra para a produtividade industrial. De feito, nos nosos tempos xa apenas se concibe o segundo sen o primeiro. En base a isto, o Goberno galego vén de anunciar un investimento de 5 millóns de euros para estender redes ultrarrápidas en 81 polígonos industrias máis dos anunciados os meses pasados. Segundo informou a Xunta, esta nova actuación supón abranguer o 79% dos polígonos galegos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada. Estas medidas foron dadas a coñecer polo presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feióo, tralo seu acordo no Consello.
Segundo fixo saber, a Xunta investirá 3,4 millóns de euros para que o operador correspondente despregue redes ultrarrápidas naquelas superficies industriais que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo. Este investimento, dixo, mobilizará en total 5,2 millóns de euros e estenderase durante o período 2016-2018.
O presidente tamén concretou que a oferta do operador que se impuxo na convocatoria publicada o pasado mes de abril permitirá garantir o acceso a este tipo de redes en 81 polígonos industriais.
A previsión, engadiu, é iniciar os despregamentos este ano en 17 polígonos; en 2017, noutros 30; e en 2018, nos 34 restantes. Segundo engadiu, o resto de complexos industriais cubriranse nas seguintes actuacións previstas no Plan de Banda Larga, que se estende ata 2020. Feijóo sinalou que os 81 polígonos obxectivo desta actuación “terán acceso a este tipo de redes a través de fibra óptica cunhas velocidades mesmo superiores de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?