Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Primeiro aniversario para Movistar+, a tele de pago de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Primeiro aniversario para Movistar+, a tele de pago de Telefónica

Redacción
Publicado: 07/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

movistar-plus.jpgMañá, venres 8 de xullo, Movistar+, a TV de pago de Telefónica, está de aniversario e cumpre 1 ano de vida. Movistar+ sitúase neste intre nos primeiro postos dentro do país con máis de 3,7 millóns de clientes e pasa por ser a primeira TV que achega no multidispositivo e sen conexión: cinema, series, deportes e outros formatos. Outro aspecto a salientar é o servizo Movistar+ 5S, que ofrece accesibilidade aos contidos para persoas con discapacidade sensorial. Pois Movistar+5S, que existe grazas á colaboración das asociacións da discapacidade, os propios usuarios e a compañía WhatsCine, contará cunha media de 420 títulos ao ano co obxectivo de achegar cada mes 35 estreas de cinema e 70 episodios de series.
Para acceder a este novo servizo (de balde e compatible cos sistemas operativos iOS e Android) os clientes de Movistar só teñen que descargarse a aplicación Movistar+ 5S e o dispositivo no que se descargaron a app sincronizarase co contido que desexen ver na televisión.
E dende Movistar+seguen anunciando novidades, desta volta para despois do verán está prevista a chegada dun novo recomendador adaptado aos gustos de cada cliente.
Ao longo dos seus primeiros 5 meses, a nova canle exclusiva de Movistar+, #0, incluía entre as súas propostas formatos como: Latexa motiv, Maraton Man, Ilustres ignorantes, Likes, Cando xa non estea, Tabú, Acapella, Minuto #0 ou Informe Robinson e situábase o pasado mes de xuño como a segunda canle de pago máis vista en Movistar+.
E neste primeiro ano de vida Movistar+ traballou arreo e puxo en marcha a produción de series orixinais e colaborou xunto aos grandes nomes da industria española. A xeito de exemplo: La peste, de Alberto Rodríguez ou Vergüenza, de Juan Cavestany e Álvaro Fernández Armeiro con Javier Gutiérrez e Malena Alterio, son dúas das estreas previstas para 2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?