Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto divulgou nas redes sociais os moitos tesouros da reserva Gerês-Xurés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto divulgou nas redes sociais os moitos tesouros da reserva Gerês-Xurés

Redacción
Publicado: 07/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

patrimonio_xures_gravando.jpgPatrimonio do Xurés é un proxecto para analizar e divulgar a importante listaxe de bens materiais e inmateriais da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. A iniciativa levouse a cabo o ano pasado na beira galega da raia e dun tempo a esta parte, botando man de recursos tradicionais pero tamén das novas tecnoloxías, estanse a visualizar perante o mundo os tesouros desta contorna galego-portuguesa de gran valor natural, paisaxístico, etnográfico e artístico. O proxecto ten a súa orixe nunha licitación da Consellaría de Medio Ambiente que foi adxudicada á cooperativa MaOs Innovación Social e á Feitoría Verde. O modelo a seguir, en parte, foi a recuperación e visualización do patrimonio da Reserva da Biosfera de Montseny, en Catalunya. Dende o Facebook, o Twitter e dende a futura web (que terá recreacións en 3D dalgúns dos tesouros a reivindicar) podemos atinxir boa parte riqueza desvelada. Tamén podemos comezar a albiscar a importancia deste traballo no avance (en PDF) publicado en culturagalega.org.
O groso dos traballos desenvolvéronse durante sete meses, abranguendo pescudas bibliográficas, tomas de contacto, entrevistas con informantes e investigación a pé de campo, entre outras liñas de acción desenvolvidas moi en contacto cos habitantes do Xurés, incluíndo veciños pero tamén alcaldes, concelleiros, asociacións e comunidades de montes. A través disto, as/os responsables do traballo procuraron que fose a veciñanza mesma a que determinase o patrimonio de valor: os elementos máis relevantes e os que cumpría protexer e impulsar. Realizáronse un total de 55 entrevistas, individuais e colectivas, con preto de 130 persoas, a maiores de toda a comunicación xerada nas redes sociais, que foron a canle fundamental para a difusión periódica das tarefas levadas a cabo.
arca_couto_mixto.jpgFroito das súas investigacións e do labor a pé de campo, o equipo realizou dous audiovisuais, o documental Patrimonio habitado e mais a presentación do traballo de campo De porta en porta. Ademais, publicouse un libro con 150 fichas de elementos patrimoniais, unha guía turística, roteiros patrimoniais, un mapa e reconstrucións en 3D (tres dimensións) de pezas de diferente feitura e visitas virtuais: os elementos que en boa medida darán forma e reclamo a unha futura páxina web.
Segundo reflicte o Consello da Cultura Galega nunha extensa reportaxe, o desenvolvemento do proxecto veu parello dunha “intensa campaña de comunicación” en redes sociais que foi dando interesantes e importantes resultados. Así, o labor realizado no Facebook posibilitou contactar cun cumprido número de veciños do Xurés que xa non residen alí, xente espallada en diferentes recantos de Europa e América que foron subministrando as súas achegas e puntos de vista no Facebook, complementado a información sobre as persoas e obxectos que ían aparecendo nas fotos penduradas. A isto cómpre engadir as bandas deseñadas elaboradas polos alumnos do Xurés e que tamén fóronse editando e publicando.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?