Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo concede 300.000 euros aos Concellos para acomodaren á Lei as súas e-sedes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo concede 300.000 euros aos Concellos para acomodaren á Lei as súas e-sedes

Redacción
Publicado: 08/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eadministracion-5.jpgA Deputación de Lugo quere botar un cabo aos Concellos para axustar as súas sedes electrónicas aos regulamentos actuais. Por este motivo, acordou un investimento de 300.000 euros para que as Administracións locais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes (todos agás Lugo) poidan executar as melloras e optimizacións precisas co fin de adaptárense á entrada en vigor (o vindeiro 1 de outubro) da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Segundo informa a Deputación a conto destes financiamentos acordados pola súa Xunta de Goberno, a devandita norma fixa transformacións en materia de eAdministración local para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aos cidadáns o desenvolvemento de todos os trámites cos concellos, a distancia e coas mellores condicións de seguridade e axilidade.
A Deputación anunciou tamén que distribuirá este investimento entre os 66 Concellos en base aos seguintes criterios obxectivos: superficie, densidade de poboación, esforzo fiscal e unidades de poboación.
O vicepresidente Álvaro Santos Ramos fixo saber ante os medios que as axudas por Administración serán de entre 3.300 e 6.300 euros e concederanse vía convenio para impulsar a súa concesión e para axustarse ás necesidade de cada municipio. Segundo engadiu, a vindeira semana enviaranse aos 66 Consistorios toda a información sobre estas axudas, dándolles un prazo duns 15 días para que as soliciten e comuniquen as súas necesidades, que o organismo provincial recollerá nos convenios individuais que asinará cos mesmos.
Santos Ramos informou igualmente que a entidade provincial que representa encargarase tamén de levar a cabo melloras no eido da eAdministración. E explicou: “Grazas aos recursos que xa temos en marcha, como a sede electrónica, o rexistro telemático e a factura telemática, os veciños poderán cos seus eDNI e cos certificados dixitais entregar documentación, solicitar axudas ou tramitar as súas facturas polos servizos prestados ao organismo provincial a través de Internet”.
O devandito motivou que a Xunta de Goberno iniciase, a maiores, un proceso de contratación de novos traballos por un valor máximo de 70.000 euros. As actuacións que se levarán a cabo agora no organismo provincial permitirán habilitar a compulsa electrónica; o pago telemático dos impostos que máis de 50 Concellos teñen delegado no servizo de Recadación Provincial e a consulta por parte da veciñanza do punto no que se atopan as súas tramitacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?