Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación INADE achéganos o día 12 ás posibilidades empresariais do Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación INADE achéganos o día 12 ás posibilidades empresariais do Big Data

Redacción
Publicado: 08/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O experto en Big Data Juan José Casado Quintero
O experto en Big Data Juan José Casado Quintero
O vindeiro martes 12 de xullo a tribuna informativa Almorza con INADE – A Coruña recibe a visita de Juan José Casado Quintero, director corporativo de Datos e Analítica en Sanitas, que abordará a aplicación das posibilidades dos datos masivos (Big Data) no mundo empresarial. O relatorio de Quintero, que fará un repaso pola revolución que supuxo a entrada do tratamento e xestión da información masiva en todos os mercados, vén da man da Fundación INADE (Instituto Atlántico do Seguro) e celébrase no Hotel Attica 21 da Coruña. Previa á exposición do directivo de Sanitas, a presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial e Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC, Amparo Alonso, exporá unhas liñas de reflexión en torno á análise de Big Data. Como lembraremos, Amparo Alonso é tamén responsable da Área Tecnolóxica de Intelixencia Artificial do CITIC.
Segundo informa INADE, a información masiva é un dos conceptos de moda no mundo informático. O seu obxectivo, do mesmo xeito cós sistemas analíticos convencionais, “é converter o dato en información que facilite a toma de decisións, mesmo en tempo real, converténdose ademais nunha oportunidade de negocio”, explica a fundación, que engade que arestora xa hai unha chea de empresas tirando proveito dos recursos avanzados de Big Data. As consecuencias directas disto (e tamén as potencialidades a curto, medio e longo prazo) serán en boa medida o eixe temático do relatorio de Casado, que centrará a súa intervención, tamén, en analizar o obxectivo da captura, transformación, almacenamento, análise e visualización dos datos.
Juan José Casado é licenciado en Administración de Empresas na Universidade Complutense de Madrid e MBA na IE Business School. É experto en datos e analítica, con catorce anos de experiencia en consultoría enfocada a axudar a empresas de diferentes ámbitos a obter o máximo valor dos seus datos. Dirixiu equipos de investigadores en CFI Group, Cognodata, Everis e IBM. Desde 2015 adicouse a transformar a análise de datos na contorna sanitaria. Na actualidade, ocupa o posto de director corporativo de Datos e Analítica en Sanitas.
A sesión celebrarase pola mañá na sede da Fundación (Hotel Attica 21). Ademais de profesionais do sector asegurador, a xornada diríxese a empresas e directivos, responsables de información e informática, entidades aseguradoras e mediadores de seguros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?