Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega dende a UVigo unha obra que nos achega ao potencial profesional da tradución de videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega dende a UVigo unha obra que nos achega ao potencial profesional da tradución de videoxogos

Redacción
Publicado: 08/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_mendez_traducion_videoxogos.jpgO investigador Ramón Méndez González (Ourense, 1983) vén de achegar o quinto volume da colección Tradución e Paratradución, unha obra que está a ser moi ben acollida entre o alumnado da UVigo e que serve de achegamento exhaustivo aos principais segredos do mercado dos videoxogos no que a adaptación a diferentes linguas se refire, en palabras do autor “un novo e importante mercado” a ter moi en conta e seguir ben de preto (polo que ten, tamén, de potencial nicho de actividade para os nosos estudantes e profesionais do ámbito da tradución e máis do desenvolvemento de lecer dixital). “O sector dos videoxogos leva anos demostrando que non ten limitacións”, sinala Méndez, docente no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, que se incorporou a este mercado profesional en 2003, xusto cando comezaba a estudar Tradución e Interpretación na Facultade de Filoloxía e Tradución (Universidade de Vigo).
Con este libro, editado pola Universidade de Vigo e publicado en formato impreso e electrónico, o autor actualiza e amplía o traballo de investigación presentado na súa tese de doutoramento, defendida na Universidade en 2012, ofrecendo ao lector unha clara fotografía da situación actual do mercado da localización de videoxogos. Na obra, de 400 páxinas, Méndez debulla as características da profesión, facendo fincapé na cuestión de “habitar a imaxe”, un concepto co que salienta a capacidade que pode ter unha aventura gráfica de mergullarnos na súa historia e que ten que ser experimentada e garantida (esa capacidade), tamén, pola tradutora ou tradutor. Sobre todo, sinala, “porque un videoxogo non é tan só texto, senón que é unha mestura perfecta entre texto, imaxes, sons, xogabilidade e un montón de pequenos detalles que poden facer que o texto varíe o seu senso, xa que unha mesma palabra pode ter diferentes significados segundo o contexto no que se atope, a personalidade dun personaxe, etcétera”.
Ademais das diferentes cuestións relacionadas co mundo da tradución, Méndez inclúe no libro un capítulo específico sobre servizos de interpretación en eventos internacionais de videoxogos, pondo de relevo as principais limitacións e necesidades deste ámbito na actualidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?