Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra en 3,2 puntos o número de concellos que permiten facer tramitacións telemáticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra en 3,2 puntos o número de concellos que permiten facer tramitacións telemáticas

Redacción
Publicado: 11/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computador_traballando-4.jpgO OSIMGA vén de dar a coñecer un interesante informe sobre o nivel de implantación das ferramentas dixitais de comunicación e interacción coa cidadanía nos nosos concellos: o nivel de afianzamento en cada un deles do que se vén coñecemento como Administración Dixital. As cifras tenden a ser máis positivas ca negativas, aínda que, como é de agardar, amósanse eivas e desequilibrios que cómpre ir emendando. Entre os datos positivos figura o seguinte: catro de cada cinco concellos permiten xa facer algunha tramitación telemática dos seus procedementos, o que achega unha taxa 3,2 maior cá de hai dous anos. Os trámites máis estendidos son (entre outros) os seguintes: Rexistro de documentos, Queixas e suxestións e Solicitude e obtención de certificados. Entre o negativo, moitas das nosas entidades locais adoecen aínda dos orzamentos e da capacitación dixital requirida para subirse definitivamente ao carro das novas tecnoloxías.
No estudo do Observatorio, respecto do devandito, sinálase que a falta de recursos económicos, cun 24,4% dos concellos galegos, seguida de baleiros de formación cun 19,6%, son os dous principais atrancos cos que se atopan os concellos de Galicia á hora de optimizar a Administración Electrónica.
Estes e outros números figuran na nova entrega do informe bianual sobre eAdministración nos concellos de Galicia que vén de publicar o Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (OSIMGA) dependente da axencia AMTEGA. Na investigación avalíanse parámetros como por exemplo a calidade do equipamento, o nivel de desenvolvemento das sedes electrónicas locais, a interoperabilidade entre administracións, etc.
Volvendo aos datos concretos, sinalar que no informe tamén se lembra que máis da cuarta parte dos concellos galegos contan cun catálogo de procedementos, e destes, o 80,2% dispón dun catálogo accesible a través da Rede. Asemade, máis da metade (o 52,9%) das entidades locais con sitio web conta cunha sede electrónica, o que significa un medre de máis de 20 puntos porcentuais nos dous últimos anos. Este proceso, malia estar estendéndose en todos os concellos, con independencia do seu tamaño, atinxe especialmente aos de máis de 50.000 habitantes, que teñen a maior taxa de implantación de e-sede, do 85,7%.
No informe tamén se salienta positivamente a presenza nas redes sociais dos nosos concellos. Así, máis da metade das nosas administracións locais xa están a tirarlles partido a estes servizos e comunicades, especialmente útiles para comunicarse dunha maneira máis participativa e inmediata coa cidadanía. Neste senso, a cantidade de aqueles que lles extraen proveito ás redes 2.0 experimentou nestes dous anos un medre de 7,2 puntos. A investigación de OSIMGA apunta a que a rede social máis común nos concellos galegos é Facebook, presente en practicamente a metade dos mesmos (49,7%), seguida de Twitter (22,7%).
Por outra banda, o estudo do observatorio destaca que o 29,5% das administracións locais galegas teñen dispoñible un portal ou espazo de transparencia dentro da súa entidade. A maiores, sinálase, a práctica totalidade dos concellos que indicaron que non contaban con portal de transparencia sinalaron que estarían interesados en dispoñer dun portal ou espazo con estas características.
Respecto da cuestión da interoperabilidade, o informe destaca que o 8% dos concellos suprimiu a obriga de achegar algúns documentos (DNI, certificacións de obrigacións tributaria, familia numerosa, discapacidade, inscrición en rexistros, etc.); e o 20,6% dos concellos substituíron por declaracións responsables algúns documentos a subministrar (certificación de conta bancaria, poderes de representación, etc.).
Asemade, máis da metade dos concellos (50,5%) mantiveron un intercambio de datos con outras administracións, mediante a recepción de documentos con certificados electrónicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?