Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O bus iFala remata a primeira etapa do seu camiño e anuncia novo itinerario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O bus iFala remata a primeira etapa do seu camiño e anuncia novo itinerario

Redacción
Publicado: 11/07/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

depu_coruna_ifala.jpgO itinerario do autobús iFala, habilitado pola Deputación de Coruña para impulsar o legado das Irmandades da Fala a través de accións expositivas, de mobilidade e dixitais, vén de chegar ao seu remate esta fin de semana pasada en Santiago (logo de visitar 18 localidades). Con todo, e segundo se fixo saber na Praza do Obradoiro (a última estadía do roteiro), haberá continuidade despois do verán, e máis tendo en conta o éxito de participación da cidadanía e o interese dos concellos por implicárense. Como lembraremos, o bus iFala é unha iniciativa da Deputación (Área de Cultura) xunto con Ora Galega. Abrangue, entre outras cousas relativas á celebración dos cen anos das Irmandades, unha exposición de seu, unha aplicación móbil, unha páxina web (ifala.gal) e unha canción interpretada en clave colectiva. En termos concretos, uns recursos apóianse noutros: a mostra unha liña do tempo desde os Mártires de Carral ata o golpe de 1936 cunha información básica que se pode completar no aplicativo e máis na páxina de iFala.
Coincidindo con esta última (polo de agora) parada do bus, os responsables do mesmo fixeron reconto da iniciativa no número 15 da Rúa do Vilar, diante da que fora imprenta Nós do ex alcalde compostelán Ánxel Casal. Na presentación participaron a vicepresidenta da Deputación e responsable da Área de Cultura, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Santiago, Manuel Dios, Elvira Souto e Carlos Quiroga como responsables de Ora Galega. No acto tamén interveu Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización, unha das entidades colaboradoras do proxecto.
Como voceira de Ora Galega, Elvira Souto fixo “un balance positivo da difusión”. Segundo engadiu, esta chegou finalmente a máis localidades das previstas no inicio debido á demanda dos concellos. “Precisamente porque desde moitas localidades pediron a visita do autobús decidimos botar andar unha segunda xira a partir do verán, en setembro e outubro, dirixida fundamentalmente á participación dos centros de ensino”, sinalou Souto.
Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, valorou moi positivamente a posibilidade que nos abre iFala para “coñecermos un período fundamental na nosa historia, cando homes e mulleres soñaron para Galiza, para a nosa lingua e para a nosa cultura un futuro de seu”. Tamén recordou que non se elixiu por casualidade, para “facer balance” da iniciativa, a contorna da imprenta Nós de Ánxel Casal. A vicepresidenta aproveitou este feito para “lembrarmos todas aquelas persoas que, como aconteceu co que fora alcalde de Compostela e vicepresidente da Deputación da Coruña, padeceron a represión, entre as que se atopan moitas vinculadas ás Irmandades”.
Pola súa parte, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, defendeu a necesidade de “apoiar as iniciativas que fagan un recoñecemento do que foron as Irmandades da Fala porque aínda hai xente que descoñece quen é Vilar Ponte ou Porteiro Garea”.
O autobús abriuse por vez primeira o pasado día 21 de maio na Coruña, a cidade en que naceron as Irmandades da Fala. O itinerario quixo ser unha homenaxe ao espallamento pola nosa terra deste espírito de liberdade e galeguismo: Betanzos, Ferrol, Lalín, Lugo, Ponteareas, Pontevedra, Ribadeo, Vilagarcía de Arousa e Viveiro foron algunhas das citas do proxecto itinerante iFala que recalou de maneira especial naquelas localidades en que hai cen anos se constituíra un grupo das Irmandades da Fala.
Asociacións, editoriais e outras entidades colaboran na iniciativa, entre elas, a Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Cultural Auriense, Ourense, Asociación Cultural Vagalumes, A Estrada, Asociación Francisco Lanza, Ribadeo, Asociación Pensamento e sementeira, Viveiro, Asociación Roxin Roxal, Betanzos, Asociación Socio-Pedagóxica Galega , Confederación Intersindical Galega, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Editorial SEPT, Instituto de Estudos Miñoranos, Ir Indo Edicións, Mesa pola Normalización, Seminario de Estudos Chairegos, Vilalba e Sociedade Cultural Medulio, de Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?