Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol queren abrir un centro de co-working TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol queren abrir un centro de co-working TIC

Redacción
Publicado: 12/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ferrol_deputacion_coruna.jpgA Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol anunciaron esta semana a súa intención de pór en marcha un novo centro de co-working no centro comercial Porta Nova da cidade departamental. Este centro de innovación, inserido no marco do Plan de Emprego da Deputación (de alcance provincial), tería como eixe de actividade principal o deseño e desenvolvemento de ferramentas, servizos e tecnoloxías da información e a comunicación. A iniciativa, proposta polo Concello ao organismo provincial, viría a revitalizar un complexo comercial arestora en desuso, o de Porta Nova, para poñelo ao servizo dos emprendedores da comarca.
Así o anunciou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, ao remate da reunión de traballo que mantivo no seu despacho co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e as concelleiras de Urbanismo e de Patrimonio da cidade naval, María Fernández Lemos e Rosa Méndez.
O espazo de traballo colaborativo e innovadora ocuparía o andar superior do dito centro comercial. O obxectivo concreto, subliñaron, “é favorecer que se asenten alí iniciativas emprendedoras vinculadas á innovación e ás novas tecnoloxías”. Isto, ao xuízo alcalde, suporía “unha aposta de diversificación fronte ao monocultivo do naval nunha cidade”, subliñou, que amosa un claro “deterioro socioeconómico grave debido ao incremento do desemprego e a perda de poboación”. Jorge Suárez tamén fixo saber a intención de buscar tamén o apoio doutras entidades para este proxecto, como a Cámara de Comercio.
González Formoso sostivo que estudará con interese o proxecto, que “podería encaixar” dentro das accións do Plan de emprego local (PEL) 2016-2019, impulsado polo actual Goberno provincial co obxectivo de favorecer a creación de emprego nos sectores público e privado. Entre outras acciónsd, o PEL abrangue iniciativas de apoio á creación de novas iniciativas empresariais, fomento de viveiros e incubadoras de empresas e posta en marcha de novos espazos de co-working que fomenten as sinerxias empresariais na provincia.
O proxecto presentado polo alcalde de Ferrol inclúe a dotación de 10 locais de traballo colaborativo, 4 aulas modulares subdivisibles e un local multiusos, ademais dun espazo de recepción-información e salas de reunión, nos 1.485 metros cadrados cos que conta a parte alta do inmóbel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?