
Segundo explica o Concello de cara a facilitar que a veciñanza lle tire proveito á tecnoloxía 4G, todo o referente a este despregue e á súa compatibilidade coa Televisión Dixital Terrestre (TDT) está habilitado na web de Llega800 (ou no teléfono 900 833 99), entidade posta en marcha polas operadoras para emendar todo tipo de problemas ou baleiros informativos relativos ao proceso de implantación da 4G na banda (800) liberada polo Dividendo Dixital.
O Concello está a valorar moi positivamente a arribada da devandita rede. “Con ela”, explican dende o consistorio, “ proporcionaranse significativas melloras na velocidade de navegación, descarga e subida de documentos, resolveranse certos problemas de cobertura en determinadas zonas por cuestións relacionadas principalmente coa orografía do terreo e facilitarase a penetración do servizo en zonas interiores dos edificios”.
As operadoras achegan a tecnoloxía 4G ao termo municipal de Laracha
Compartir Este Artigo

