Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta inicia unha campaña para fomentar o uso das TIC no comercio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta inicia unha campaña para fomentar o uso das TIC no comercio

Redacción
Publicado: 13/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smart_commerce_galicia_01.jpgA directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou esta mañá en Santiago a campaña Smart Commerce, coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende dar maior visibilidade aos establecementos que se sumaron a esta aposta da Xunta por impulsar o comercio intelixente e a aplicación das TIC, ofrecendo así unha atención máis personalizada aos clientes. O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, acompañou á directora xeral no anuncio da a posta en marcha dunha páxina web que servirá de reclamo para animar ao resto do pequeno comercio a implantar os novos sistemas de comercialización e información ao consumidor.
smartcommerce_gal.jpgSol Vázquez subliñou que os comerciantes que apostan polo smart commerce son os verdadeiros protagonistas da campaña, contando en primeira persoa a súa experiencia e as súas iniciativas. Para alcanzar este obxectivo, a directora xeral de Comercio indicou que a nova web servirá de plataforma para unir, dar visibilidade e potenciar aos comerciantes que melloraron os seus establecementos a través das TIC e das vantaxes que aporta a utilización de internet no día a día dos seus negocios, creando deste xeito novas canles de venda máis próximas ao cliente.
A Xunta destina 70 millóns de euros ata 2020 ao Plan estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia para incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego a través de 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: ademais de impulsar o smart commerce; céntrase en afianzar un sector comercial renovado e en potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.
A campaña Smart Commerce completarase coa posta en marcha dun perfil en redes sociais que actuará de canle de comunicación directa cos comerciantes, ao tempo que favorece a participación dos establecementos para que se sumen a esta aposta polos novos sistemas de comercialización.

Galardóns ás mellores iniciativas

smart_commerce_galicia_02.jpgPara seguir avanzando neste eido, Sol Vázquez recordou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén ten convocada a primeira edición dos premios Smart Commerce de Galicia, na que se galardoará as mellores iniciativas en cada provincia, destacando unha das catro como a mellor da comunidade, ademais de distinguir á mellor labor en comercio electrónico e á mellor estratexia en redes sociais.
Os comerciantes poden presentar as súas candidaturas ata o vindeiro 22 de agosto. Cun reparto en premios de 8.500 euros, a Xunta quere destacar a labor dos comercios tradicionais para impulsar a innovación dos seus negocios a través das novas tecnoloxías e visualizar a excelencia e importancia dos comercios galegos nas novas estratexias comerciais.
A directora xeral sinalou que o impulso do smart commerce e do comercio en liña tamén se reforza este ano coa aprobación de axudas por máis de 3 millóns de euros, das que se beneficiaron preto de 1.000 comerciantes e obradoiros de artesanía de Galicia, ademais de 6 federacións e asociacións do sector comercial e artesán.
Con estas axudas impulsaranse preto de 600 proxectos con novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que combinan o comercio en liña e fóra de liña; que implican a utilización das redes sociais para a venda ou que avanzan no desenvolvemento do comercio a través do móbil, ademais de páxinas web comerciais; complementando así a experiencia de compra presencial dos consumidores cos diferentes canais comerciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?