Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant fornece unha completa tecnoloxía de recoñecemento de sinatura manuscrita
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant fornece unha completa tecnoloxía de recoñecemento de sinatura manuscrita

Redacción
Publicado: 13/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_signature.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant é dende hai tempo un referente en materia de tecnoloxía biométrica, que é un ámbito de investigación e desenvolvemento centrado en facilitar a identificación dunha persoa (incrementando a seguridade e a comodidade neste labor de recoñecemento) a través de características ou acenos propios de seu, ben sexan pegadas dixitais ou trazos faciais. Ou, tamén, a través dos xeitos intransferibles e propios de escribirmos o noso nome. Nesta última liña insírese precisamente Graciant Signature, unha tecnoloxía do centro tecnolóxico galego que abrangue que permite o recoñecemento da nosa sinatura manuscrita dinámica. Gradiant Signature abrangue un conxunto de bibliotecas prontas para a súa integración en plataformas móbiles e en arquitecturas cliente-servidor.
Segundo informa o centro tecnolóxico, trátase dunha tecnoloxía deseñada especialmente para integradores de sistemas biométricos e para desenvolvedores de aplicacións que queiran dotar aos seus sistemas de capacidades de sinatura biométrica. Nun plano máis concreto e máis técnico, combina técnicas do estado da arte en procesado de sinal, recoñecemento de patróns e aprendizaxe de máquinas (machine learning), e todo co obxectivo de “proporcionar un sistema de recoñecemento automático de sinaturas manuscritas dinámicas en smartphones, tabletas e tabletas capturadoras de firmas”.
Gradiant tamén salienta que a devandita tecnoloxía, debido ao seu potencial e capacidades de aplicación en múltiples ámbitos, foi premiada a nivel internacional polas “súas excelentes taxas de verificación”.
Ademais, entre as súas características principais figuran a posibilidade de accedermos a diferentes niveis de seguridade configurables, a capacidade para detectar sinaturas doadas de falsificar e facer análises de coherencia de persoais, ou a súa potencialidade para adaptarse a distintos escenarios, como transaccións financeiras e de seguros, asistencia sanitaria ou seguridade documental.
A maiores, é unha tecnoloxía multiplataforma (Windows, Linux, Android, iOS e arquitecturas cliente/servidor) con ampla marxe de interacción con outras tecnoloxías biométricas de Gradiant (como os seus recursos avanzados de recoñecemento facial ou de recoñecemento de locutor, cos que se melloran de maneira significativa a dispoñibilidade, a comodidade e a seguridade dos sistemas de verificación). Signature, a maiores, integra varios módulos co obxectivo de ofrecer “unha solución de autenticación móbil completa”. Estes módulos son:
· Módulos de captura para dispositivos móbiles.
· Módulo de análise de seguridade de sinatura (realiza unha análise de complexidade da rúbrica manuscrita para evitar firmas doadas de falsificar, analizando tamén a coherencia do persoal en rexistro a partir dun número determinado de firmas).
· Módulo de xeración de persoais de sinatura (creación de persoais mediante unha ou varias firmas).
· Módulo de verificación da rúbrica dun usuario contra o seu persoal previamente xerado (autoría da firma).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?