Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O concurso de Instagram da feira de artesanía de Agolada recibiu máis de 170 imaxes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O concurso de Instagram da feira de artesanía de Agolada recibiu máis de 170 imaxes

Redacción
Publicado: 13/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lucia_concurso.jpgOs días pasados desenvolveuse na rede social Instagram un concurso sobre creatividade galega ao abeiro do Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia (Corazón de Artesanía) celebrado en Agolada (quinta edición), entre o 8 e o 10 de xullo. O certame, ao longo dos tres días de feira, acolleu a publicación de máis de 170 imaxes correspondentes a 43 usuarios (39 mulleres e 4 homes). A gañadora levouse un lote de produtos de Artesanía de Galicia.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño ideou este concurso, dentro da mesma liña marcada no programa de Corazón da Artesanía, coa finalidade de divulgar os oficios tradicionais entre todas as idades e, ao mesmo tempo, facer ao público protagonista do encontro.
Cunha imaxe na que aparece cos zocos enormes que se podían ver no posto de artesanía de Elena Ferro, a gañadora do certame foi Lucía Rodríguez, xa que foi a que recibiu máis likes ata as 23.59 horas do pasado domingo na conta de Instagram de Artesanía de Galicia.
Para participar no concurso, as fotos, obtidas no transcurso do encontro de Agolada, tiñan “que amosar o ambiente do certame, o traballo dos artesáns ou das pezas expostas”, en palabras da organización.
Respecto do nivel de seguimento acadado pola quinta edición de Corazón da Artesanía (celebrada no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada), sinalar que foi visitada de máis de 8.000 persoas, o que demostra, en palabras de organización, a consolidación cada ano dun evento que mestura artesanía, obradoiros para todas as idades, gastronomía e música. O evento forma parte do Plan de Artesanía de Galicia, que persegue conseguir un sector artesán sólido e sustentable no tempo, “incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?