Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os delitos informáticos contra menores, tema central das Xornadas Penitenciarias Lucenses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os delitos informáticos contra menores, tema central das Xornadas Penitenciarias Lucenses

Redacción
Publicado: 13/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_xornadas_penitenciarias.jpgOnte tiña lugar a presentación da nova edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que este ano cumpren 30 anos, no salón de plenos. Ao acto acudían o voceiro municipal, Miguel Fernández, e a presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Paula Alvarellos, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, outros membros da entidade organizadora, como o vicepresidente, a secretaria e o tesoureiro, Manuel Saavedra, Nuria Moreno e Óscar Rancaño, amais dos directores das prisións de Bonxe e Monterroso. Desta volta as ditas xornadas abranguerán os delitos informáticos e a súa relación cos menores de idade, amais doutros temas como a suspensión da condena, a pena de violencia de xénero, as medidas alternativas á prisión ou a reforma do Código Penal. Cómpre engadir que o Concello colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 5.000 euros.
Ao longo do acto, Alvarellos fixo fincapé no “escandaloso crecemento” deste tipo de delitos, subliñando que o 81% dos menores están preocupados polo acoso, e o 19% dos cativos son suxeitos pasivos de delitos. “O destas edición, trátase, unha vez máis, dun tema de plena actualidade, onde o que pretendemos é dar voz á xente máis implicada na prevención, falando de delitos como o sexting, o ciberbulling, o grooming, que é a suplantación da identidade dun adulto para conseguir contidos dun menor, ou sextorsión, dende o punto de vista, xurídico, preventivo e educativo, para o que se adicará un día a cada un”, segundo indicou a presidenta da asociación, quen agradeceu a colaboración do Concello, “que sempre axuda a difundir temas de interese actual”.
E indo ás XXX Xornadas Penitenciarias, que cada ano reúnen en Lugo a un cento de persoas, estas terán lugar por primeira vez ao longo de tres días, do 26 ao 28 de setembro, dende as 18:00 ás 21:30 horas o primeiro día, e a partir das 19:00 horas, o segundo e o terceiro no Salón de Actos do Pazo Provincial. Na xornada inaugural, logo da tradicional entrega das medallas Concepción Arenal terá lugar unha conferencia a cargo de José Antonio Vázquez Taín, Maxistrado do Xulgado do Penal nº2 da Coruña, co Decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo como moderador. O segundo día, será a quenda da Maxistrada do Xulgado de Menores nº1 de Lugo, Sara Pendás e dos Responsables do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, Gonzalo Sotelo, que centrarán as súas intervencións na prevención e loita contra os delitos informáticos, facendo especial referencia aos menores. O último día centrarase nas medidas de intervención eficaz para menores con risco, un relatorio a cargo do director de Alar Galicia, Fernando González.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?