Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A reserva de libros de texto para o vindeiro curso poderán facerse a través do móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A reserva de libros de texto para o vindeiro curso poderán facerse a través do móbil

Redacción
Publicado: 14/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160714_sol_vazquez_01.jpgA directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou esta mañá en Santiago na presentación da nova web da Federación de Librarías de Galicia, que preside Pilar Rodríguez Álvarez, que permite formalizar a reserva dos libros de texto para o curso educativo 2016-2017 a través do ordenador ou na aplicación específica para teléfono móbil. A Xunta colabora coa entidade nesta iniciativa que, ademais de facilitar a compra de material escolar por parte das familias, aposta polas novas tecnoloxías e a dixitalización dos procesos no sector libreiro, o que ao mesmo tempo supón mellorar a súa competitividade.
A páxina web e a aplicación de teléfono móbil facilitarán, a través dos establecementos asociados á Federación de Librarías de Galicia, a reserva dos libros de texto para todos os ciclos de Educación Infantil, Primaria, Especial e Secundaria Obrigatoria dos colexios da Comunidade galega. Deste xeito, as familias poderán reservar os libros para o vindeiro curso sen necesidade de acudir ao establecemento.
20160714_sol_vazquez_02.jpgOs interesados terán que cumprimentar os datos persoais, así como os relativos ao colexio e ao curso do alumno, e ademais poderán enviar unha fotografía coa listaxe de libros de texto que necesitan ou achegar un arquivo do documento en formato electrónico. A solicitude envíase a través dun correo electrónico á librería, que poderá enviar notificacións aos clientes confirmando o pedido ou solicitar outro tipo de información que sexa necesaria para completar o pedido.
Para axudar a promover a posta en marcha deste proxecto, o vindeiro 30 de setembro se sortearán 100 estancias familiares na Ribeira Sacra durante o curso 2016-2017 entre as familias que realicen a reserva dos libros a través desta nova aplicación.
Esta iniciativa está enmarcada dentro do compromiso fixado desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria para acadar a modernización e dixitalización do pequeno comercio e, neste caso particular, das librarías. Neste sentido, Sol Vázquez sinalou que o emprego das novas tecnoloxías por parte do libreiros reforza a súa competitividade comercial.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén unha estreita colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, con campañas de dinamización comercial e o desenvolvemento do smart commerce e de aplicacións e webs para teléfonos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?