Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: IBM pon a disposición dos concellos a súa plataforma de transformación dixital POEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

IBM pon a disposición dos concellos a súa plataforma de transformación dixital POEM

Redacción
Publicado: 14/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ibm_mesa_redonda_cidades_intelixentes.jpgA multinacional IBM vén de pór a disposición de calquera cidade a plataforma de transformación dixital POEM, unha tecnoloxía que fornece (en primeira instancia) solucións eficaces de atención á cidadanía e de inspección do espazo público. Segundo informou a compañía dun xeito máis xenérico, a solución facilita aos municipios, con independencia do seu tamaño, “o acceso ao potencial tecnolóxico da Internet das Cousas e a Industria 4.0”.
A dispoñibilidade para os Gobernos locais da devandita plataforma foi dada a coñecer no marco do evento A transformación dixital das cidades. Segundo se fixo saber, POEM (Platform of Engagement for Municipalities) permitirá nunha segunda fase de desenvolvemento aplicar tecnoloxías cognitivas (sistemas que entenden a linguaxe natural, analizan grandes cantidades de información e son quen de aprender) en novos servizos “que impulsarán a transformación dixital das cidades”.
En palabras de Marta Martínez, presidenta de IBM España, “en pouco tempo, o concepto de cidade intelixente deixará de ser unha opción para converterse nunha condición inherente a toda contorna urbana que pretenda dar resposta aos seus retos de presente e de futuro”. Segundo engadiu, POEM preséntase como “un conxunto de solucións para optimizar a xestión das cidades de maneira doada e flexible baixo un contrato único de pago por uso”. Isto, explicou, “democratizará o acceso para todas as cidades, grandes ou pequenas, a tecnoloxías innovadoras que marquen un antes e un despois, como a nube, a analítica de datos, mobilidade, seguridade e medios sociais”.
Tamén explicou que POEM diferénciase doutras solucións semellantes en que ten “a capacidade de adaptarse polo miúdo ás demandas dos servizos públicos e que require dunha mínima configuración para a súa posta en marcha”. Igualmente, salientou o feito de que se trate dun “ecosistema aberto a sistemas de terceiros”.
A plataforma de IBM actúa inicialmente nos ámbitos de atención cidadá e inspección do espazo público. Posibilita que o cidadán poida comunicarse coa administración en calquera momento e desde calquera lugar usando un dispositivo móbil intelixente (por exemplo para dar conta dunha incidencia no mobiliario urbano). Ademais, facilita o fluxo de comunicación entre os responsables da devandita xestión e permite completar o ciclo notificando ao usuario a resolución do problema. Tamén é quen de optimizar os labores de inspección, permitindo que os traballadores públicos poidan facer as súas xestións derivadas do seu traballo a través do móbil ou do computador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?