Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio cento dos nosos docentes obterán formación avanzada na linguaxe R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Medio cento dos nosos docentes obterán formación avanzada na linguaxe R

Redacción
Publicado: 14/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cixugweb.jpgAs tres universidades galegas (a través da OSL do CIXUG e coa colaboración dos servizos de formación do profesorado) van organizar unha nova edición do curso enliña sobre a linguaxe estatística R a través da súa contorna gráfica Rcommander. Na actividade participaran case medio cento de educadores durante os meses de setembro e outubro na aula virtual do CIXUG. O curso será impartido en liña por Miguel Ángel Rodríguez Muíños. Está dirixido a persoal da universidade que traballa decote con software estatístico privativo, ou a persoal non iniciado no eido dos estudos estatísticos.
O obxectivo é formar aos participantes no manexo da linguaxe estatística R no seu ámbito gráfico Rcommander, en palabras da organización do obradoiro “un software libre de referencia neste tipo de estudos”. Búscase, en definitiva, fornecer ao profesorado “unha alternativa libre a outros paquetes estatísticos privativos amplamente empregados na docencia e investigación universitaria”.
No curso comezarase revisando a instalación de RCommander, pasando logo ao manexo de datos, á creación de gráficos, ou á realización de estudos estatísticos descritivos. Farase fincapé na realización de estatísticas descritivas, no manexo de datos, na creación de gráficas, na distribución de probabilidades ou na regresión lineal simple.
A actividade consta de 11 temas, cada un dos cales consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Rcommander e dunha proba de autoavaliación. Ao final do curso celebrarase unha proba final.
Esta actividade forma parte das actividades desenvolvidas polo CIXUG a través do convenio de colaboración coa axencia AMTEGA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia, e que forman parte do Plan de Acción en Software Libre 2016.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?