Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O operador galego Áurea estreará en Ponte Caldelas un servizo de banda larga alternativo ao das grandes compañías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O operador galego Áurea estreará en Ponte Caldelas un servizo de banda larga alternativo ao das grandes compañías

Redacción
Publicado: 15/07/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ponte_caldelas_aurea.jpgO Concello de Ponte Caldelas vén de anunciar que ao remate do verán vai contar cun servizo de banda larga de acceso a Internet equiparable ao “das grandes cidades galegas”. A clave da cuestión, sinalou o Consistorio, está na empresa local Áurea, que está a desenvolver arestora o despregamento final da rede troncal de fibra óptica coa que dará cobertura aos 33 núcleos de poboación do territorio municipal de Ponte Caldelas. A firma Áurea sería, en palabras do Concello, o único operador galego deste tipo de tecnoloxías trala venda recente de R a Euskaltel. En Ponte Caldelas estreará “unha nova vía de negocio afastada do modelo das grandes compañías do sector”.
Estas e outras novidades TIC foron dadas a coñecer polo alcalde, Andrés Díaz, quen recibiu esta semana á directiva de Áurea, encabezada pola directora xerente, Beatriz Estévez; o administrador, Marcial Estévez, e o seu responsable técnico, Aurelio Louro. Os representantes da compañía local de telecomunicacións confirmaron na xuntanza que xa contan co permiso administrativo do Ministerio de Industria para converterse, nas súas palabras, “no único operador galego activo de telecomunicacións, trala venta de R á vasca Euskaltel”. Ademais, agradeceron ao Concello de Ponte Caldelas á axilidade na tramitación das licenzas para o tendido do cable.
Andrés Díaz salientou moi positivamente o esforzo do grupo Enermol (xermolo de Aúrea) por diversificar o seu negocio e tivo palabras de eloxio para “esta valente aposta por Ponte Caldelas”, que convértese deste maneira, sinalou, “nun municipio pioneiro da Galicia de interior en contar con servizos de Internet por fibra óptica de última xeración”. O operador caldelán, engadiu ante os medios, ofrecerá largo de banda que oscila entre os 50 Mbps e os 350 Mbps simétricos para os clientes particulares e solucións á carta para as empresas. “Uns parámetros de calidade”, valorou o rexedor, “que ata o de agora só estaban dispoñibles nas grandes cidades galegas e áreas próximas e, aínda así, de xeito parcial”.
O alcalde tamén fixo fincapé en que con estes equipamentos e servizos, Ponte Caldelas pasará de dispor dun servizo de ADSL que non pasa dos 10 Mbps asimétricos (“no mellor dos casos e con abundantes zonas de sombra alá onde non chegan as ondas WiMAX en moitos dos seus núcleos”), a un servizo “de altisima calidade” servido por cables de fibra óptica.
Será, máis polo miúdo, unha rede baseada na última tecnoloxía FTTH (fibra ata o fogar).
O obxectivo no plan de negocio de Áurea é chegar a unha clientela de 3.400 fogares en Ponte Caldelas, distribuídos ao longo dos 33 núcleos de poboación. Nestes momentos, os responsables da empresa informaron que xa teñen cubertos con fibra os polígonos do Campiño e da Reigosa, así como a rede troncal que os une coa vila. Logo, será a quenda de iren facendo derivacións a áreas da contorna e mesmo co obxectivo de chegar á parroquia da Insua, no recanto máis afastado do termo municipal. Segundo explicaron os directivos de Áurea, o 80% da rede troncal (uns 50 quilómetros de fibra), está instalada a día de hoxe.
En primeira instancia, a empresa estuda ofertar tres paquetes básicos aos usuarios domésticos que denominan como Áurea Bronce, Prata e Ouro, nos que ofertan conexión ás tres velocidades habituais da fibra óptica (50, 150 e 350 Mbps simétricos). Inclúe, ademais, chamadas ilimitadas a teléfonos fixos e 1.000 minutos a móbiles, xunto con algunhas diferenzas segundo o paquete. Segundo engadiron, os prezos “están sendo sometidos a un estudo de mercado”, pero barallan situalos nos 37 euros, 40 e 47 euros mensuais, respectivamente. A partir de aí haberá prezos complementarios polos servizos de televisión e entretemento audiovisual que se contraten.
O alcalde de Ponte Caldelas dixo sentirse “exultante” no nacemento dunha iniciativa empresarial (a do operador Áurea) que “non só xerará emprego”, senón que “vai mellorar a calidade de vida dos veciños e pon a Ponte Caldelas á vangarda do mapa dixital de Galicia”. E engadiu: “Vai haber moitos ollos sobre nós nos vindeiros anos porque isto vai ser moi imitado; a xente está farta das grandes empresas que che atenden, ou mellor dito non atenden, a centos de quilómetros de distancia; a xente quere recuperar a sensación de adquirir un produto de confianza e iso é perfectamente aplicable ás novas tecnoloxías e ao mundo dixital”.
Díaz tamén anunciou na xuntanza coa empresa de telecomunicacións que unha vez que Áurea “estea plenamente operativa”, o Concello de Ponte Caldelas estudará a contratación paulatina de todos os seus servizos de datos e telefonía sobre IP en todos os centros e edificios municipais. “Non se desbota”, engadiu, “asinar acordos para axudar á empresa á súa implantación nas empresas e fogares caldeláns”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?