Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo acada os 2.500 matriculados coa súa plataforma de cursos masivos en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo acada os 2.500 matriculados coa súa plataforma de cursos masivos en liña

Redacción
Publicado: 18/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_curso_materiais.jpgA Universidade de Vigo vén de facer un repaso pola actividade xerada pola súa plataforma de cursos masivos en liña, integrada no Campus Dixital de Mar, logo do seu primeiro ano e medio de funcionamento. Segundo fai saber a UVigo xeráronse ao seu abeiro 24 cursos e permitiuse a matriculación de máis de 2.500 persoas. A UVigo lembra que o proxecto encetou a súa andaina o primeiro día de 2015 e dende entón foi quen de achegar actividades formativas de gran repercusión na comunidade en liña. Por exemplo o curso sobre técnicas de laboratorio aplicadas á Bioloxía, no que se matricularon máis de medio milleiro de persoas. A temática destas actividades formativas desenvolvidas dixitalmente foi do máis variada: hóuboas científicas, humanísticas e, por suposto, tecnolóxico-dixitais.
Os principais impulsores destas plataforma foron Manuel J. Fernández Iglesias, vicerreitor de Extensión Universitaria, Domingo Docampo, responsable do Campus Dixital do Mar, e Vicente Goyanes, coordinador da asistencia técnica multimedia da Universidade. O principal obxectivo da súa achega en común foi emprazar á Universidade no mundo dos cursos masivos en liña, os coñecidos como MOOC polas súas siglas en inglés, “cunha oferta específica moi adaptada ás capacidades do profesorado universitario vigués e ofrecendo unha formación rigorosa e útil baseada principalmente en materiais audiovisuais de alta calidade desenvolvidos na propia universidade”, sinalan, engadindo que non se procuran accións de ensino que sexan quen de xuntar grandes audiencias, “das cales hai milleiros dispoñibles na Rede”, senón empregar o modelo de formación en liña para fornecer “formación especializada de alta calidade e adaptada a un abano moi amplo de dispoñibilidade do alumando”.
Segundo engaden, a nova plataforma deulle aos docentes “a posibilidade de crear cursos audiovisuais con tecnoloxía de última xeración e expandir a súa difusión, moito máis aló do alumnado propio”. Desde o punto de vista dos estudantes, permitiulles “acceder a cursos de alto nivel impartidos por expertos universitarios, de xeito totalmente gratuíto e adaptando os contidos aos seus propios horarios e estilos de vida”.
En relación ao lugar de orixe dos matriculados e matriculadas, o 57% é de procedencia estatal e preto do 40% provén de Latinoamérica.
Na opinión dos impulsores da plataforma, a clasificación dos cinco cursos con máis seareiros reflicte tamén “a variedade temática desta oferta”. Encabeza a listaxe o curso Técnicas básicas de laboratorio aplicadas á Bioloxía, coordinado polos profesores Paloma Morán, Manuel Megías e Diana Valverde, con 507 seguidores e do que xa se fixo unha segunda edición. Séguelle Biomateriais, do concepto á clínica, dirixido polos docentes da Escola de Enxeñería Industrial, Julia Serra e Pío González, no se matricularon 323 persoas. Os dous seguintes, con 298 e 295 seguidores cada un, están coordinados polo profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución, Jesús G. Maestro e xiran entorno ao mundo literario: Teoría da literatura, o primeiro, e Literatura comparada, o segundo. En canto a número de inscritos (preto de 300 a aínda a seis meses da data oficial de inicio, en xaneiro de 2017), pecharía a clasificación o curso Utilización de ferramentas baseadas en TIC para a xestión da información na empresa, coordinado polos docentes da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Ángeles Sandoval, Miguel Ángel Merino e Fernando Comesaña, e dirixido a ofrecer “unha visión xeral de como as Tecnoloxías da Información e a Comunicación poden contribuír á mellora da xestión empresarial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?