Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo impulsa a súa plataforma de busca de pisos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo impulsa a súa plataforma de busca de pisos

Redacción
Publicado: 18/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_bolsa_pisos.jpgOs responsables da web da Universidade de Vigo que establece contacto entre propietarios de vivendas con demandantes (estudantes) na busca de residencia para os seus estudos veñen de facer reconto da actividade actual deste taboleiro en liña de anuncios dixitais. Segundo fan saber, a bolsa de pisos, unha iniciativa posta en marcha no curso 2013-2014 para o alumnado dos tres campus da UVigo, oferta arestora 150 pisos completos e 360 habitacións en pisos compartidos. A isto cómpre engadir outras 20 vivendas destinadas ao aloxamento en familias ou ao acollemento de estudantes en réxime de mobilidade internacional.
A bolsa foi habilitada pola SIOPE, a Sección de Información, Orientación, Promoción do Estudante Voluntariado e Discapacidade. Segundo fan saber, o servizo está a servir de moita axuda a un bo número de mozas e mozas procedentes de fóra das cidades nas que se ten presenza a Universidade de Vigo. O funcionamento da plataforma, sinalan, é sobre todo de panel informativo. Cada ano, o SIOPE recibe entre 200 e 300 solicitudes de alta nesta plataforma por parte de estudantes e, unha vez que teñen acceso a ela, o trato é directo entre os propietarios e os demandantes. Este, explican, é o motivo polo cal a Universidade no pode contabilizar cantos deses contactos rematan en contrato de alugueiro.
Por certo que a institución viguesa tamén lembra que boa parte desta actividade internauta relativa á busca de vivenda tamén se desenvolve a través do servizo Stukers, unha startup posta en marcha por un grupo de titulados de Administración e Dirección de Empresas e Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo que na actualidade xa opera en Galicia, Madrid, Barcelona, Valencia, etc. A súa idea foi unha das gañadoras dos Premios INCUVI Emprende 2014 e ofrece unha ampla oferta de pisos, coa particularidade de que axudan aos seus usuarios non só a buscar o mellor aloxamento adaptado ás súas necesidades, senón tamén os mellores compañeiros para convivir.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?