Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pulo europeo para o consorcio de ensino smart no que participa Gradiant
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pulo europeo para o consorcio de ensino smart no que participa Gradiant

Redacción
Publicado: 18/07/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

elearning_grd.jpgO proxecto IMAILE (Innovative Methods for Awards Procedures of ICT Learning in Europe), é unha iniciativa innovadora financiada co apoio do VII Programa Marco da Comisión Europea que se está a coordinar dende a cidade Halmstad (Suecia) e que achega recursos de utilidade a catro países en materia de PCP (contratación precomercial, un mecanismo semellante, con reservas, ao da compra pública innovadora). O instrumento PCP estalles a servir a estes catro países para estimular innovación en cooperación coa industria TIC europea, os Centros Tecnolóxicos e de investigación, e as PEME. O obxectivo de IMAILE é identificar novas tecnoloxías e servizos que aborden o reto de proporcionar a vindeira xeración de novas contornas de aprendizaxe (contornas PLE, polas súas siglas en inglés Personal Learning Environment) no ensino primario e secundario dentro das contornas das disciplinas STEM (Ciencias, Matemáticas, Enxeñarías e Tecnoloxía). Así nolo conta o Centro Tecnolóxico Gradiant, cuxa plataforma AMIGO foi seleccionada como unha das catro propostas gañadoras da fase 2 de IMAILE.
O proxecto IMAILE, por certo, artellará o proceso de selección en tres fases, ao remate das cales obteranse catro prototipos, dous dos cales empregaranse nun piloto a gran escala con profesores e estudantes dos catro países involucrados. O papel desenvolvido neste proceso pola plataforma AMIGO (Smart STEM Learning Ecosystem) está a ser moi salientable, xa que non só foi elixida como unha das catro propostas gañadoras da fase 2, senón que resultou ser a proposta que obtivo a mellor puntuación entre todas as escolmadas. AMIGO, como lembraremos, é unha iniciativa presentada polo consorcio integrado por Edebé (editorial educativa), MyDocumenta (PEME innovadora de Barcelona que desenvolve software e contidos multimedia educativos) e o centro galego Gradiant.
AMIGO ten como obxectivo desenvolver unha contorna de inmersión que proporcione ás escolas de primaria e secundaria un enfoque de aprendizaxe centrada no estudante. Segundo informa Gradiant, AMIGO integra seis módulos (STEM Enriched Dynamic Profile, STEM Persoal Learning Environment, Authoring Tool, STEM Social Network, Learning Chart and Analytics, and Life-Long Learning ePortfolio) desde un punto de vista visual e funcional. E engade: “AMIGO ten como finalidade proporcionar un ecosistema integral que supón a vindeira xeración en canto a contornas persoais de aprendizaxe para as disciplinas STEM, incluíndo múltiples funcionalidades diferentes destinadas a aumentar a motivación dos estudantes para aprender estas materias e a mellora dos resultados do ensino mediante a adaptación do ensino ás necesidades dos estudantes”.

Contidos
  • IMAILE, pioneiro en Europea
  • Máis sobre AMIGO

IMAILE, pioneiro en Europea

IMAILE é o primeiro proxecto a nivel europeo que aborda a aplicación das novas tecnoloxías da información no eido do ensino e a aprendizaxe electrónica, tanto desde o punto de vista da demanda como desde o da oferta. De feito, IMAILE establece unha canle de diálogo entre ambas as partes, o que lle permite centrarse nas necesidades reais dos usuarios finais (escolas, profesores e estudantes), dotándoos das ferramentas que precisan para, en palabras de Gradiant, “levar as aulas ao século XXI”.

Máis sobre AMIGO

O proxecto AMIGO (smArt steM learnInG ecOsystem) é un proxecto conxunto entre Edebé (editorial que lidera o proxecto), MyDocumenta (empresa catalá de creación multimedia) e Gradiant (Centro Tecnolóxico TIC de referencia de Galicia), que desenvolve unha nova solución TIC no sector educativo, abordando a necesidade de ofrecer ás escolas europeas, profesores e estudantes unha formación apoiada en solucións/servizos TIC para a aplicación de contornas personalizadas de aprendizaxe (PLE).
Segundo informa Gradiant, AMIGO non só se revela como unha solución completa que abrangue todo o proceso do ensino/aprendizaxe, senón que tamén salienta como un ecosistema que ofrece unha capa de intelixencia “nunca vista no pasado”, que mediante a análise de enormes cantidades de datos sobre o desempeño de alumnos e profesores, ofrece recomendacións e información para facilitar todo o proceso de aprendizaxe das materias STEM.
AMIGO, deste xeito, “ofrece un conxunto de ferramentas atractivo que realza o interese de estudantes e profesores polas materias STEM, co fin de acadar o proceso de ensino dunha maneira entretida”, explica o centro tecnolóxico galego, que tamén salienta que o proxecto é o resultado da combinación de tres entidades e que cada unha delas achega os seus desenvolvementos e experiencia ao produto final. Desta maneira, Edebé subministra o seu enorme catálogo de material educativo e o seu sistema PLE, MyDocumenta proporciona o seu ePortfolio e a súa Plataforma de Autoría, e Gradiant, pola súa banda, integra en AMIGO o seu sistema de análise avanzada de datos para eLearning (aprendizaxe a distancia) sobre este contido, “logrando así fornecer unha capa de intelixencia que facilita a toma de decisións dos docentes sobre o itinerario a seguir polos alumnos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?