Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UVigo, Vicepresidencia e a FEGAMP unen forzas a prol da transparencia no eido local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UVigo, Vicepresidencia e a FEGAMP unen forzas a prol da transparencia no eido local

Redacción
Publicado: 19/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_transparencia.jpgEste luns asinouse un acordo na nosa terra destinado a fortalecer a Administración Electrónica no ámbito local, e dentro dela, unha das súas principais consecuencias ou razóns de ser: a transparencia. O acordo en cuestión foi formalizado pola Universidade de Vigo, a Vicepresidencia da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP. Mediante esta fronte común a prol da transparencia, o Goberno galego dota de financiamento á institución académica viguesa (40.000 euros) para darlle continuidade á súa liña de traballo previa, a través da cal viña fornecendo recursos aos concellos para a adaptarse ás esixencias regulamentarias da transparencia.
Participaron na formalización do convenio o reitor vigués, Salustiano Mato; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da FEGAMP, Alfredo García, o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, amais doutras persoas implicadas no proxecto, entre elas o profesor Alberto Vaquero, investigador do grupo GEN, equipo ao que se lle encargou a elaboración dun completo programa de propostas.
Segundo fixo saber Alfonso Rueda, “o principal obxectivo do acordo é facilitarlles aos concellos todo o relacionado coa transparencia, que é unha obriga legal para todos”. Ademais, lembrou que o Portal de Transaparencia, posto en marcha polo Executivo galego hai apenas uns meses, recibiu xa 27.000 visitantes “unha cifra que demostra o elevado interese que hai na cidadanía por coñecer todo o relacionado coas administracións que se sosteñen con fondos públicos”.
Segundo se explicou no acto, entre as principais tarefas que terán que levar a cabo as investigadoras e investigadores do grupo GEN están a elaboración de instrumentos e ferramentas dirixidos aos concellos que faciliten o aproveitamento eficiente do espazo web de transparencia das administración locais galegas, como manuais e guías metodolóxicas, documentos tipo ou estratexias de implantación, entre outros.
Concepción Campos, codirectora da Rede Localis e secretaria de goberno do Concello de Vigo, explicou que “con este convenio imos traballar para mellorar o portal da transparencia, xa posto en marcha; producir documentos propios e, por suposto, dar apoio e asesoramento especializado ante esa escaseza de medios e de recursos, pero tamén producir guías e outros instrumentos aos que se poderán acceder vía web, tamén os propios cidadáns”. Tamén sinalou que no equipo participarán, ademais dos expertos universitarios, secretarios e técnicos da administración local, “que coñecen de primeira man cales son as necesidades e posibles solucións que mellor poden atender aos máis de 300 concellos de toda Galicia”.
Respecto da situación da transparencia na Universidade de Vigo, o reitor vigués lembrou que a institución académica viguesa conta co seu propio portal de transparencia no que se poden atopar todas as cuestións relativas ás contas da Universidade, desde concursos públicos a contratos menores. “En todos os ránkings nos que se contemplan estas cuestións estamos a quedar moi ben emprazados, agora o que nos gustaría é mellorar a forma de viaxar pola web, no sentido de facela máis amable e doada”, engadiu Mato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?