Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL amosa na Feira IBC de Amsterdam os seus últimos avances en eficiencia enerxética
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL amosa na Feira IBC de Amsterdam os seus últimos avances en eficiencia enerxética

Redacción
Publicado: 31/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amsterdam_ibc.jpgA firma galega EGATEL anunciou que estará de novo na Feira IBC de Amsterdam (con sede de seu no RAI Convention Center), unha cita referencial para a a industria dos medios electrónicos e que xunta, cada ano, o máis destacado do panorama actual da creación, xestión e prestación de lecer e contido dixital (a Feira IBC adoita atraer nas súas sucesivas entregas a máis de 45.000 asistentes de máis de 140 países do mundo). O encontro desenvolverase entre o 9 e o 13 de setembro. Segundo fai saber EGATEL, presentará en Amsterdam (dentro da liña WHET, Wideband High Efficiency Transmitters) as súas novas liñas de transmisores de TV e reemisores TDT de baixa, media e alta potencia, que salientan “por un alto nivel de eficiencia enerxética en deseños moi reducidos”, informa a compañía galega.
No eido da baixa potencia EGATEL amosará as familias TUWH1000 e RUWH1000, que co tamaño de 1UR, son quen de acadar potencias de ata 125 Wrms. Segundo engade a firma con sede en Ourense, as novas series de transmisores e reemisores UHF de TV, preparadas para traballar en todos os estándares de TV Dixital (DVB-T/T2, ATSC (3.0 ready) e ISDB-Tb), foron especialmente deseñadas para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. “Ademais”, engade EGATEL, “incorporan un avanzado sistema de precorrección dixital con capacidade de adaptación que elimina as distorsións da etapa de potencia e un potente cancelador de ecos multi-estandar de altas prestacións, no caso dos reemisores SFN”.
En media potencia, a compañía presentará a nova familia TUWH3000 de transmisores entrega potencias de ata 300 Wrms en só 3UR. Estes aparellos contan con amplificadores de alto rendemento con ventiladores externos e fontes de alimentación redundantes, “ofrecendo unha fiabilidade, flexibilidade e calidade de servizo inmellorables”.
Na modalidade de alta potencia amosaranse os equipos da serie TLWH7900 con refrixeración líquida. Segundo informa EGATEL, “estes equipos contan con novos amplificadores compactos de 2UR con ata tres fontes de alimentación redundante integradas e unha eficiencia enerxética líder no mercado, o que os converten na mellor opción para cubrir zonas amplas coas mellores garantías e prestacións”.
Dentro da nova área de servizos vía satélite, exhibirase o Smart LNB, un equipo desenvolvido para o operador de satélites Eutelsat. Trátase dun dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novo transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. Segundo informa EGATEL, este terminal “revolucionará o mercado SatCom”, ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como HbbTV, redes sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): eSaúde, Fogar Conectado, Smart Metering, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?