A primeiros de ano chegou á tenda de Windows 10 unha aplicación oficial do Messenger de Facebook, que permitía o intercambio de textos, ficheiros e adhesivos entre os usuarios da plataforma de mensaxería de Facebook, co vantaxe de contar con notificacións, de xeito que resulta máis doado non perder unha mensaxe mentres estamos diante do ordenador ou da tableta, pero nos últimos días incorporouse unha nova posibilidade que pasou bastante desapercibida e que resulta de grande utilidade: o Messenger para Windows 10 permite agora realizar chamadas de voz e videoconferencias.
Estas novas funcionalidades son moi populares entre usuarios de Android e iOS, polo que a súa chegada a Windows 10 fainas aínda máis accesibles e prácticas, facilitando a comunicación para un maior número de usuarios e nun maior número de situacións.
Deste xeito xa non sería preciso ir a facebook.com ou messenger.com para facer unha videoconferencia en PC a través de Facebook, aínda que para moitos usuarios resulte máis interesante a posibilidade de poder realizar chamadas de voz a través da Internet, algo moi popular dende smartphones, pero que dende o ordenador resulta unha funcionalidade pouco coñecida, que agora está máis accesible ao poder gozarse dende unha aplicación nativa de Windows 10.
O Messenger de Facebook para Windows 10 incorpora chamadas de voz e vídeo
Compartir Este Artigo

