Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense e Viewnext (IBM) impulsarán o emprego no eido das novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense e Viewnext (IBM) impulsarán o emprego no eido das novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 25/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_ourense_brandeiro_e_baltar_nov16.jpgMozas e mozos desempregados da provincia de Ourense que teñan formación en Informática, sistemas e programación web son os destinatarios elixidos pola Deputación de Ourense e a compañía Viewnext (pertencente ao Grupo IBM) de cara a participar no primeiro Plan Piloto de Emprego Tecnolóxico en Ourense, que permitirá a preto de 20 desempregados acceder ao mercado laboral no eido tecnolóxico. Cómpre sinalar que o paso previo a este Plan Piloto será un curso de programación que a Deputación desenvolverá xunto ao Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e no que poderán participar ata 30 mozos e mozas desempregados, incluíndo axudas de ata 5.000 euros para empresas que contraten a estes mozos.
A acción formativa, cofinanciada co Fondo Social Europeo de Garantía Xuvenil, abrangue 100 horas de formación tecnolóxica, especializada en programación web Java, centrándose en aspectos prácticos, co obxectivo de que o alumnado poida ser contratado axiña por empresas do sector.
En canto á temática desta acción formativa constará de: Orientación de obxecto, Asignacións e operadores, Arquitectura de WebSphere e Commerce, etc. O curso, cunha duración de mes e medio, desenvolverase en clases teóricas e prácticas, todas presenciais e impartidas en Ourense.
Os interesados en asistir a este curso xa se poden inscribir dende hoxe a través da web do EOI, estando previsto o comezo do curso a mediados do vindeiro mes de decembro.
Segundo informaba o presidente da Deputación, Manuel Baltar, no seu encontro co director xeral de Viewnext, José Manuel Brandeiro, esta proposta forma parte do proxecto Provincia Intelixente, que está a desenvolver a Deputación de Ourense, “proxecto que inclúe ademais a creación en Ourense dun centro tecnolóxico para a innovación por parte das compañías IBM e Vodafone, que ten como obxectivo impulsar novas oportunidades de progreso económico e social na provincia da man da Deputación de Ourense”. Deste xeito, a Deputación únese a IBM e Vodafone para desenvolver un proxecto que quere estar na vangarda da innovación tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?