Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN, CESGA e CIS Galicia achégannos este xoves ás múltiples vantaxes do cómputo e a simulación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN, CESGA e CIS Galicia achégannos este xoves ás múltiples vantaxes do cómputo e a simulación

Redacción
Publicado: 28/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cis_galicia.jpgO CIS Galicia vai acoller esta semana na súa sede de Ferrol un encontro sobre as posibilidades do cálculo avanzado para atoparmos xeitos de sermos máis rendibles, áxiles, eficaces e sustentables nos procesos de produción. Falamos das Xornadas de Divulgación Tecnolóxica: Modelado, Simulación e Big Data a Industria 4.0, unha cita prevista para este 1 de decembro e cuxo obxectivo concreto é “amosar ás nosa PEME as moitas oportunidades que lles poden brindar o uso da computación”. Sobre todo, sinala a organización, “para resolver e mellorar necesidades de negocio nas empresas de enxeñaría, industria e auxiliares”.
A xornada está dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos técnicos ou de produción de empresas de tódolos sectores, enxeñeiros, persoal de oficinas técnicas, estudantes e outros interesados. No evento presentaranse os servizos para o impulso da computación nas PEME do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), da Axencia Galega de Innovación e de CIS Galicia.
hpc-2.jpgTamén se vai dar a coñecer o servizo Xeración de Modelos de Simulación Industrial de Reacciona TIC, impulsado polo IGAPE e a axencia AMTEGA para optimizar a capacidade competitiva do tecido empresarial. Asemade, falarase da simulación numérica, da análise de datos e dos seus beneficios para as PEME, de computación de alto rendemento (HPC, High Performance Computing), das tecnoloxías que se requiren para implantar as novas solucións e de casos de éxito na aplicación e integración daquelas en empresas da nosa contorna.
A xornada vén da man da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e conta coa colaboración de CIS Galicia e o CESGA.
Programa de actividades
09.30h. – Presentación Institucional
· Servizos do CESGA e GAIN-CIS Galicia para o impulso da matemática industrial e a computación nas PEMES (GAIN, CESGA)
· Servizos Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PEMES galegas: Xeración de Modelos e Simulación Industrial (IGAPE e SOLTEC)
09:45h. – Simulación numérica e análise de datos. Beneficios para a PEME (CESGA)
10.00h. – Tecnoloxías necesarias: hardware, software e aplicacións. Requirimentos para a súa implantación (CESGA).
10.15h. – Casos reais de empresas que xa apostaron pola implantación destas tecnoloxías (CESGA).
10.30h. – Casos de éxito cara unha industria 4.0 grazas ás tecnoloxías Big Data & MSO (Modelado, Simulación e Optimización) (ITMATI)
10.45h. – Servizo Re-Acciona TIC de Xeración de Modelos e Simulación Industrial (SOLTEC)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Marga Tojo imparte no IES A Pobra do Caramiñal dous novos obradoiros de alfabetización mediática

26/11/2026
Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?