
Tamén haberá mozas e mozos formados en emprego eficiente de maquinaria para o aproveitamento forestal.
O titular provincial avanzou que ao longo desta semana publicaranse no BOE as bases de selección de empresas lucenses que recibirán un total de 168.000 euros para a súa contratación. As empresas lucenses terán un prazo dun mes para presentar as súas solicitudes. As beneficiarias recibirán axudas de 4.200 euros coas que asumir os custes laborais dos participantes en LugoWork durante 6 meses. Toda a información sobre as bases deste proceso e máis a ligazóns directa para facer a solicitude de maneira telemática atópanse nun espazo habilitado en www.deputacionlugo.gal.
O Goberno a Deputación asume cun total de 2 millóns de euros que captou da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial tanto a formación dos rapaces como as axudas ás empresas para a súa contratación.
Con este presuposto, o Executivo Provincial puxo en marcha outras 6 accións formativas, nas que participan outros 94 mozos lucenses menores de 30 anos, inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil, e actualmente no paro.
As novas 6 accións formativas que arrancou o Goberno da Deputación a través do LugoWork, o seu plan de emprego xuvenil na provincia, son as seguintes:
· Auxiliar de xestión informática e Internet para PEME. Neste curso participan 15 lucenses. É impartido por AGESTIC na cidade de Lugo. O Goberno da Deputación decidiu reeditar esta actividade formativa xa que, tanto os alumnos como o propio mercado, amosaron un grande interese en ofrecer formación en novas tecnoloxías para poder aplicar, nas empresas lucenses, ferramentas informáticas coas que crear valor engadido.
· Aplicacións e manexo de sistemas aéreos non tripulados, drons. Trátase de dous cursos sobre vehículos aéreos non tripulados. Nestes participan 34 lucenses. Son impartidos en Lugo por profesionais do Aeroclub de rozas. Con esta acción formativa, o organismo provincial cubre, nas súas palabras, “a necesidade de formación nun dos nichos de mercado en espallamento con máis posibilidades de medre”.
· Socorrismo en instalacións acuáticas. Esta acción formativa é impartida pola Cruz Vermella e ten lugar nas instalacións desta organización na capital lucense e no Club Fluvial de Lugo. Con esta actividade, os 15 participantes adquirirán “unha axeitada preparación física e técnica no medio acuático para poder traballar como socorristas en piscinas”.
· Socorrismo en espazos acuáticos naturais. Impartida tamén pola Cruz Vermella nas mesmas nas súas instalacións na capital luguesa e na do Club Fluvial. Con este curso, outros 15 rapaces adquirirán un axeitado adestramento físico e técnico para poder traballar como socorristas en praias ou ríos.
· Emprendemento. Este curso, no que participan 15 persoas, está dirixido a aqueles mozos que teñen unha idea de negocio e queren montar a súa empresa. Os participantes teñen un titor asignado que os asesora en aspectos coma o modelo de negocio ou estratexias de vendas, entre outros.
Neste caso, unha vez que rematen a formación con éxito, os mozos recibirán directamente axudas de ata 3.000 euros do Goberno da Deputación para poder abrir os seus propios negocios.
LugoWork pon a disposición das empresas expertos en vendas en liña e xestión informática
Compartir Este Artigo
