Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés acolleu o lanzamento dunha iniciativa europea de seguridade para o fogar smart, o proxecto GHOST
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés acolleu o lanzamento dunha iniciativa europea de seguridade para o fogar smart, o proxecto GHOST

Redacción
Publicado: 09/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_ghost_presentacion.jpgAs instalacións de Televés en Compostela veñen de acoller o lanzamento de GHOST, proxecto europeo para equipar cun extra de seguridade smart o ámbito do fogar conectado. Na posta en marcha oficial desta iniciativa europea fíxose saber, máis en detalle, que o seu principal obxectivo é “desenvolver unha aplicación doada de empregar para mellorar a privacidade no fogar dixital conectado á Internet das Cousas”, o que se coñece como IoT (polas súas siglas en inglés). E todo isto, explicou a empresa compostelá, “tirando proveito das tecnoloxías máis avanzadas dispoñibles para a dita finalidade”. A compañía engadiu tamén que a seguridade e o extra de confianza que introduce GHOST será sen dúbida un pulo para o mercado doméstico IoT.
O proxecto, de feito, salienta por poñer os máis innovadores sistemas de salvagarda e protección de datos e comunicacións (tecnoloxías como blockchain ou deep packet inspection) ao alcance de todos nós, con independencia de que sexamos ou non expertos.
GHOST, informou Televés, ten un orzamento de 4,9 millóns de euros e un período de desenvolvemento de 36 meses. Conta co respaldo do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea Horizonte 2020, baixo o acordo de subvención número GA-740923. Dez empresas, organizacións e universidades de seis países forman parte do proxecto, que está liderado por Televes.
GHOST prevé “unha contorna transparente de ciberseguridade para todos os europeos que viven nun mundo conectado”, engadiu a firma de Santiago, engadindo que o esforzo de adaptación dos consumidores á dita contorna “será mínimo” e valeralles, entre outras cousas, para seren conscientes dos riscos da seguridade cibernética e, en consecuencia, estarán mellor habilitados para actuar de maneira axeitada ante eles. Neste senso, Televés lembra que a misión última do proxecto é “obter a primeira xeración de solucións de redes de seguridade aplicable para fogar intelixente e habilitada por software innovador”, ou sexa, por software con capacidade para marcar un antes e un despois na evolución da tecnoloxía.
“A tecnoloxía GHOST”, explicaron fontes da firma compostelá de equipamentos para as telecomunicacións avanzadas e o fogar dixital, “aumentará o nivel e a eficacia da automatización dos servizos de ciberseguridade existentes, mellorará a autodefensa do sistema e abrirá a caixa negra de ciberseguridade aos consumidores, xerando confianza a través de ferramentas avanzadas de transparencia derivadas dos modelos mentais dos usuarios finais”.
En termos prácticos de aplicación, o software resultante fará cousas como integrarse nas pasarelas de redes domésticas e realizar análises de rede e inspección pormenorizada de paquetes no camiño do recoñecemento de patróns sospeitosos, aplicará aprendizaxe de máquina e exame de datos para a detección de comportamento malicioso, e levará a cabo unha avaliación de riscos en tempo real.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?