
Tamén fixo saber que o proceso atinxiu xa a máis do 85 % do parque de computadores da Administración local. Ademais, nas vindeiras semanas levarase a cabo o cambio de software no Centro de Desenvolvemento Local, na Biblioteca Municipal e na Escola Infantil.
Benito Márquez sinalou que “con esta decisión estase a ofrecer o mesmo servizo ca antes pero sen ter que pagar a Microsoft polas licencias, supondo un aforro considerable ao ano para o Concello”. De feito, o Concello empregaba ata o de agora programas da dita multinacional polos que era preciso o desembolso, para o pago de licenzas, de arredor de 36.000 euros nun período de 3 a 4 anos. Segundo apuntou o concelleiro, os cartos aforrados adicaranse agora á mellora dos equipos informáticos, “que están bastante obsoletos”.
O Concello de Ponteareas utilizaba na actualidade software de Microsoft polo que había que pagar pola súa utilización, un gasto que rondaba os 36000 euros en 3-4 anos. Este proceso de migración foi levado a cabo polo Departamento de Informática, individualmente en cada computador.
Benito Márquez agradeceu a tódolos traballadores a “súa boa disposición ao novo software”, salientando “que a maioría foi quen de adaptarse bastante ben ao cambio”. Sinalou tamén que, de ser preciso, faranse cursos formativos sobre o uso deste novo software para aqueles traballadores que o necesiten e así o soliciten.
Ponteareas migra a software libre os equipos informáticos de todas as instalacións municipais
Compartir Este Artigo
