
Esta tecnoloxía ten a capacidade de verificar a identidade do usuario e darlle acceso a servizos que requiran seguridade integral e as máis altas esixencias de autenticación. Neste caso concreto, dáselle acceso ás súas contas.
Máis polo miúdo, a solución de xestión de identidades Samsung Pass, baseada na tecnoloxía FIDO (Fast Identity Online), ceiba ao usuario de ter que escribir identificadores e contrasinais para iniciar sesión. Segundo informou a multinacional tecnolóxica, Samsung Pass salienta tamén polo alto nivel de seguridade que pon en xogo, unha seguridade que se basea na propia característica do ires humano: o contrasinal máis inequívoco.
“Trátase dunha das formas máis sinxelas e seguras de manter o smartphone bloqueado e protexido fronte a un uso non desexado”, explicaron os responsables da compañía na presentación deste 16 de novembro, engadindo algúns detalles técnicos, como por exemplo os referentes á metodoloxía empregada polo dispositivo para acubillar credencias biométricas (empregando a plataforma de seguridade Samsung Knox, que garda esa información na TrustZone do dispositivo, unha área segura baseada no hardware do terminal), unha metodoloxía que imposibilita o roubo dos ditos datos a través do terminal.
Para incorporar este sistema de acceso á app móbil de BBVA, a entidade bancaria e Samsung acometeron un ambicioso proxecto de colaboración tecnolóxica, unha colaboración que deixa as portas abertas para, a medio prazo, comezar outro tipo de operativas de maneira conxunta, como a contratación de produtos.
BBVA achega aos clientes a tecnoloxía de recoñecemento de iris de Samsung
Compartir Este Artigo
