Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra enxalza o potencial innovador de Qbitia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra enxalza o potencial innovador de Qbitia

Redacción
Publicado: 03/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

qubitia_pontevedra_xuntanza.jpgO alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e maila concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, mantiveron onte unha xuntanza co director executivo (CEO) da empresa local Qbitia, Luis Taboada, unha das máis salientables da contorna pontevedresa e toda a nosa xeografía en materia de desenvolvemento de software avanzado. Na cita os representantes do Concello fixeron fincapé no potencial innovador das firmas pontevedresas, enxalzando o labor despregado por compañías “xenuinamente locais” como Qbitia, que ten no seu haber logros tan importantes como a creación dunha plataforma que nos permite facer seguimento e control das nosas estratexias de investimento nos mercados, ou recoñecementos tan salientables como ter sido finalista na sétima edición dos premios The Technical Analyst Awards, ou , tamén, ter sido obxecto do Premio Emprendedor XXI de La Caixa en 2013. Na xuntanza tamén se fixo fincapé na presenza de Qbitia en máis de 30 países.
Creada no ano 2011, a empresa conta a día de hoxe con 17 traballadores e “compite a nivel internacional dende a cidade de Pontevedra, dende o barrio da Parda” subliñou o alcalde, incidindo na necesidade de “visualizar que é posíbel xerar actividade económica e emprego neste mundo globalizado, dende unha cidade que en principio está fóra dos circuítos financeiros”. Segundo engadiu, o éxito da iniciativa abrolla través das súas cifras (os 2 billóns de dólares de investimentos xestionados pola plataforma de Qbitia) e da súa presenza en mercados de capital como, por exemplo, Londres, Chicago ou Nova York.
“Pontevedra é a miña cidade e gústame estar aquí” sinalou Luis Taboada, quen subliñou que el e os outros membros da empresa imaxinan en Pontevedra. O fundador de Qbitia (elixido un dos cen executivos, de entre 30 e 42 anos, máis influentes do Estado polo Instituto Choiseul) aproveitou para “animar á xente a que emprenda, e que emprenda desde esta cidade pois hoxe en día co ecosistema que hai baseado nas novas tecnoloxías pode facerse”. E engadiu: “Pódese facer calquera tipo de innovación e de calquera sector desde aquí”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?