Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra achega en aberto catro cursos para impulsar as nosas capacidades con tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra achega en aberto catro cursos para impulsar as nosas capacidades con tecnoloxías

Redacción
Publicado: 13/03/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_obradoiros_pontevedra_campus.jpgA Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (UVigo) vén de presentar os seus cursos de verán: catro actividades formativas que teñen aberto xa o prazo de inscrición e que mostran o nexo común de abrir xanelas ás tecnoloxías do futuro e motivar as capacidades creativas e innovadoras que todas e todos levamos dentro. Os cursos xirarán arredor das seguintes temáticas: a aplicación dos últimos avances da neurociencia no proceso de aprendizaxe, as posibilidades que achega á produción artística a impresión tridimensional, as novas tendencias na prevención e recuperacións de lesións no deporte e as posibilidades que outorga a robótica e o encerado dixital no ensino das ciencias. Con 250 prazas, contando todos os obradoiros, estes estarán novamente abertos á participación de toda a cidadanía. Desenvolveranse no mes de xuño nas facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Belas Artes e nelas combínanse “novas propostas que serven tamén para completar a formación do alumnado do campus, xunto con cursos que tiveron moi boa acollida en anteriores edicións”, como salienta o director da Área de Extensión Cultural do Campus, Manuel Morquecho.
Neurociencia na escola
“As últimas investigacións en neurobioloxía sobre o funcionamento do noso cerebro na aprendizaxe demostran cousas que xa sabíamos pero que non se aplican, como que o aumento da consolidación de novos coñecementos está relacionado coa creatividade, coa curiosidade, co movemento, coa autonomía, é dicir con factores de motivación intrínseca”, salienta a profesora de Ciencias da Educación e do Deporte, Margarita Pino, responsable de Aplicacións da neuroeducación na escola. Entre o 4 e 8 de xuño, investigadores e investigadoras do grupo Gies-10, que coordina esta docente, e da rede Ries abordarán técnicas e estratéxicas para aumentar a motivación do alumnado na aula.
Ciencias con robótica
Nesta facultade desenvolverase tamén, entre o 5 e o 21 de marzo, Ensinar ciencias con robótica, programación e produción de contidos multimedia para encerado dixital, un obradoiro coordinado pola profesora María Álvarez Lires que dá continuidade aos cursos de verán celebrados nos últimos anos, incorporando novos contidos. Nese senso, o manexo do kit Science Learning Resources e o desenvolvemento de novas actividades interactivas para o encerado dixital figuran entre os novos contidos dun taller dirixido a “desenvolver as competencias tecnocientíficas do futuro profesorado”, como sinala outra das responsables desta actividade, a investigadora María Lorenzo.
Deporte e tecnoloxía
Outra das actividades é Estratexias para a prevención e recuperación de lesións na actividade física e o deporte, un curso dirixido polo catedrático Carlos Lago que dá continuidade a seminarios anteriores poñendo o foco novas tendencias na prevención e recuperación de lesións, dar a coñecer as posibilidades laborais que no eido do deporte. De carácter práctico e dirixido tanto a estudantes e profesionais vinculados ao eido do deporte como ao sanitario, o curso que se desenvolverá entre o 4 e o 6 de xuño en Ciencias da Educación e do Deporte reunirá no campus a “profesionais excelentes” formados ou vinculados a esta facultade.
Impresión dixital en 3D
Por último, tamén o 4 de xuño dará comezo, na Facultade de Belas Artes, outra das novidades desta oferta formativa, o curso Facendo físico o intanxible. Introdución á impresión dixital tridimensional, unha actividade que dá continuidade a outros obradoiros sobre impresión 3D que se desenvolven no campus centrándose desta volta “no aspecto creativo desta tecnolóxica e as súas posibles aplicacións no ámbito das artes plásticas e belas artes en xeral”, como sinala o seu responsable, Ignacio Pérez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?