Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG avalía os fenómenos e transformacións aos que nos aboca o Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG avalía os fenómenos e transformacións aos que nos aboca o Big Data

Redacción
Publicado: 14/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_xornada_big_data.jpgO Consello da Cultura Galega quere tomarlle o pulso aos nosos xeitos actuais de xerar coñecemento e comunicarnos. Uns xeitos que, queirámolo ou non, pasan de xeito irremediable (na súa maioría) a través dos novos acubillos dixitais e “conviven” cun volume de información que se duplica cada pouco. Por este motivo e co obxectivo de avaliar os procesos que nos están a mergullar na chamada cuarta revolución industrial, o CCG organiza este 15 de marzo a xornada A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade. Nela participan persoas expertas tanto na xestión de datos masivos como no seu tratamento informativo. No roteiro da xornada figura facer análise do chamado Big Data, un fenómeno que “non só mudou o acceso á cultura, senón que está transformando moitas das dinámicas culturais das sociedades actuais”, en palabras da organización.
Na xornada preténdese ofrecer unha visión panorámica do que acontece no panorama do Big Data, coa presentación dalgunhas experiencias, e “analízanse vías para aproveitar esa circulación masiva de datos nas iniciativas culturais nos diferentes ámbitos”. Coordinada por Xosé López, Xosé Ramón Pousa e Rosa Aneiros, a xuntanza contará con diferentes achegas que nos permitirán abordar a cuestión desde o punto de vista da tecnoloxía, a análise e a comunicación.

Programa

O catedrático da Universitat de Valencia, Anaclet Pons, abrirá a xornada coa perspectiva do historiador para dar paso ao tratamento comunicativo do Big Data da man de Carlos Elías, catedrático da Universidad Carlos III, Xaquín G.V., xornalista e infografista con ampla experiencia en medios internacionais e Jesús Miguel Flores Vivar, director de Internet Media Lab na Universidade Complutense de Madrid.
Datos masivos, ruído, aplicación a produtos culturais, novas falsas, procesos de verificación e sistemas para achegar valor engadido aos produtos culturais serán algúns dos temas a tratar.
Na xornada, Clara Higuera, científica de datos da BBC, e Carmen García Mateo, catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, ofrecerán o punto de vista tecnolóxico e analizarán as posibilidades e responsabilidades que ofrece o coñecemento a gran escala, a automatización e a intelixencia artificial.
A xornada concluirá coa posta en común das realidades e desafíos que ofrece a cultura dixital en Galicia da man de María Yáñez, especialista en estratexias nas redes; Marcus Fernández, webmaster de Código Cero e Rubén Bastón, customer happiness director de Elogia. A xornada emitirase en directo dende a web institucional www.consellodacultura.gal e os contidos poderán ser consultados en diferido na mediateca web da institución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?