Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España minimiza o retardo no envío de contidos de realidade virtual en tempo real
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone España minimiza o retardo no envío de contidos de realidade virtual en tempo real

Redacción
Publicado: 14/03/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_realidade_virtual.jpgVodafone España vén de consolidar un importante avance en materia de comunicacións, poñendo o foco en reducir tempos e incrementar eficacia. Máis polo miúdo, a operadora levou a cabo unha demostración na que empregou a tecnoloxía MEC (Multi-access Edge Computing) para enviar contidos de realidade virtual en tempo real a través da súa rede comercial 4G, reducindo a menos da metade o retardo neste tipo de servizos.
Ademais, esta tecnoloxía usouse de maneira conxunta con solución de infraestrutura virtualizada (Network Function Virtualization) de Huawei. Estas iniciativas forman parte da estratexia da operadora para aproveitar ao máximo as posibilidades da vindeira tecnoloxía 5G, explorando servizos e potencialidades que lle serán propios.
Segundo informa Vodafone, a dita demostración consistiu en asistir desde a sede da operadora á retransmisión en directo do programa diario Yu, No te pierdas nada, de Vodafone yu, que se emite nos 40 desde os estudos da cadea SER en Madrid. Ao abeiro da proba empregáronse diferentes dispositivos, lentes e tabletas de realidade virtual nos que se podían reproducir cun campo de visión de 360 graos o que acontecía no propio estudo de gravación, no mesmo intre da súa realización e emisión.
Vodafone, para ilustrar a natureza das probas, lembra que a tecnoloxía MEC permite xestionar contidos desde a propia rede e achegalos aos usuarios, mellorando a súa percepción do servizo. “Co fin de garantir a calidade desta experiencia”, explica a empresa de telecomunicacións, “era precisa unha reducida latencia, dispoñibilidade de largo de banda e calidade de servizo a partir de recursos da rede comercial de Vodafone para retransmitir sinais de moi alta definición durante o evento, o que foi posible coa tecnoloxía MEC na rede de Vodafone”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?