Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Bahía poñen en marcha unha cátedra de innovación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Bahía poñen en marcha unha cátedra de innovación TIC

Redacción
Publicado: 15/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_bahia_catedra.jpgA Universidade de Vigo e a firma TIC Bahía Software, con sede en Santiago, veñen de xuntar forzas a prol do talento, a transferencia e o fluxo de coñecemento entre os campus e o tecido empresarial, entre os ámbitos de investigación e o cidadán de a pé. Así nolo fixeron saber esta cuarta feira (mércores) o reitor Salustiano Mato e o director da dita compañía, Martín Gómez, na sinatura dun convenio marco de colaboración entre ámbalas partes. A primeira iniciativa desta súa alianza será a posta en marcha da Cátedra Bahía Software de Innovación Tecnolóxica. O obxectivo deste proxecto conxunto, con base na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Vigo, será “promover o intercambio de experiencias investigadoras, empresariais e de coñecemento entre a empresa e a institución académica”.
Segundo apuntou o reitor trala sinatura do convenio, a cátedra permitirá o desenvolvemento de accións de “formación, captación e retención de talento e dar mellores e máis oportunidades aos nosos estudantes”. Ademais, “permitirá desenvolver iniciativas no eido da investigación e a innovación”. O convenio formalizado con Bahía Software, engadiu o reitor, suporá “pasar dunha colaboración puntual a unha estrutural, estratéxica e institucional”.
Pola súa banda, Martín Gómez salientou como a posta en marcha deste convenio marco xorde tras colaboracións puntuais coa Escola Superior de Enxeñaría Informática que se desenvolveron de xeito “moi satisfactorio”. Amais, o director de Bahía Software dixo que a posta en marcha desta cátedra permitirá “o desenvolvemento de proxectos e tecnoloxías innovadoras, aproveitar o talento e achegar a empresa á universidade e a universidade á empresa”.
Mato e Gómez tamén explicaron que haberá “actividades de formación dual”, como por exemplo a organización de conferencias e seminarios, concesión de bolsas para o traballo do alumnado en contornas reais ou con proxectos simulados e apoio á realización de teses de doutoramento e traballos de fin de grao e mestrado. Ademais, no eido da difusión e transferencia de coñecemento inclúense iniciativas como a realización de xornadas de divulgación técnica e tecnolóxica e publicación de traballos sobre temas de interese. Por último, en materia de I+D+i, a cátedra pretende ofrecer apoio á realización de traballos de investigación e participar en proxectos de I+D+i conxuntos, seminarios, foros e encontros de expertos no ámbito da innovación tecnolóxica.
A cátedra estará dirixida por Francisco Javier Rodríguez, profesor da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos do Departamento de Informática da Universidade de Vigo e director da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense. Contará cunha comisión de seguimento paritaria, integrada por tres representantes de Bahía Software e tres representantes da Universidade de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?