Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC cobran protagonismo nas candidaturas dos premios empresariais da Deputación da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC cobran protagonismo nas candidaturas dos premios empresariais da Deputación da Coruña

Redacción
Publicado: 15/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xurado_premios_pel.jpgOs galardóns empresariais da Deputación da Coruña vanse entregar o vindeiro 23 de marzo. Estamos a falar do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial e das súas tres categorías, dotadas con 25.000 euros cada unha: Mellor Iniciativa Empresarial Nova (para proxectos emprendedores con menos de 12 meses de antigüidade, Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada (para empresas que conten con máis de cinco anos de actividade), e Mellor Iniciativa Socialmente Responsable (que premiará as firmas que contribúan ao medre sustentable da provincia). Segundo fai saber a Deputación da Coruña, coma na anterior convocatoria hai unha nutrida presenza de iniciativas tecnolóxico-dixitais entre as candidaturas presentadas. Estes e outros datos foron dados a coñecer esta semana, na xuntanza do xurado dos galardóns na sede da entidade que preside Valentín González.
Como dixemos, os gañadores daranse a coñecer o vindeiro venres 23 de marzo, nun acto que contará coa presenza do presidente da Deputación e o deputado de Promoción Económica, José Luis García, e representantes do tecido empresarial da provincia.
A Deputación convocou este premio por segundo ano consecutivo dentro das accións do Plan de Emprego Local (PEL), co obxectivo de recoñecer o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores comprometidos co desenvolvemento económico dos concellos coruñeses.
Na xuntanza desta semana fíxose saber que un total de 78 empresas da provincia presentaron as súas candidaturas ás tres categorías coas que conta o galardón. O xurado estivo presidido polo deputado de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, mentres que o secretario foi Rafael Díaz-Aguado, Xefe do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Así mesmo, participaron especialistas de diferentes ámbitos relacionados co mundo da empresa e representantes de asociacións e outras organizacións de empresarios con presenza nos concellos coruñeses, entre as que se inclúen a Asociación de Empresarios Novos da Coruña, a USC, a UDC, a CEC ou a Cámara de Comercio de Santiago.
Os dez membros do xurado avaliaron as candidaturas seguindo criterios como “a orixinalidade do negocio, a formación do seu promotor, o seu grao de innovación, a participación en redes de traballo ou a implantación de medidas de RSC, entre outros”.
En canto aos ámbitos de actividade das empresas, salientan as adicadas ás novas tecnoloxías da información e á programación informática, así como as empresas de servizos de enxeñaría e consultoría, comercio en liña e desenvolvemento de aplicacións. Tamén concorren a este segundo premio empresas dos sectores da alimentación, hostalería, cosmética e estética, educación, turismo e actividades de servizos sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?