Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O presidente da Xunta avoga polas vocacións científico-tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O presidente da Xunta avoga polas vocacións científico-tecnolóxicas

Redacción
Publicado: 16/03/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180316_feijoo__01.jpgDurante a inauguración da xornada La era tecnológica: un desafío para las empresas y sus líderes, Alberto Núñez Feijoo avogou por seguir impulsando e apoiando as vocacións científico-tecnolóxicas para acadar a plena incorporación da economía galega á revolución dixital. «É necesario que as institucións e as empresas sigamos confiando e apoiando o talento galego», dixo tras incidir en que aplicar ás empresas os avances da era dixital serve: para captar máis investimentos, para optimizar os procesos e para aumentar as vendas.
Neste sentido, recordou que, segundo o informe avaliado onte no Consello da Xunta sobre o impacto das tecnoloxías 4.0 no sector produtivo galego, mentres no eido da automoción hai unha implantación moi importante das tecnoloxías 4.0, no resto de sectores un 40% das empresas galegas as están empregando, o que significa que aínda queda moito traballo por diante.

Fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as mulleres

20180316_feijoo__03.jpgAo longo do acto, Feijoo referiuse tamén ao reto de aumentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as mulleres, para o que lembrou que nos últimos catro anos, por exemplo, se duplicou a taxa de participación das mulleres nas axudas da Xunta destinadas á innovación, pasando do 27% en 2013 ao 53% en 2017. Ao que engadiu que o apoio da Administración autonómica á igualdade na I+D+i se plasma, ademais, en documentos como o Plan galego de muller e ciencia, en vigor desde 2016; e no impulso a programas de referencia internacional como Innopharma, para o desenvolvemento temperán de fármacos, e un proxecto sobre nanomedicina contra o cancro metastásico, liderados por Mabel Loza e María José Alonso, respectivamente.
Así mesmo, o presidente da Xunta subliñou que este esforzo non o está liderando en solitario o Goberno galego, ao contar co compromiso das universidades e das empresas. Non en van o 47% das persoas que traballan en I+D+i nas universidades son mulleres (por riba da media nacional); “e, aínda que a porcentaxe segue sendo menos do que nos gustaría, hoxe, hai un 36% máis de mulleres traballando en innovación nas e empresas que hai unha década”.
20180316_feijoo__02.jpgO responsable do Goberno galego valorou as moitas iniciativas que están a brotar da comunidade escolar e universitaria galega para impulsar as vocacións STEM entre as mozas galegas como: Estalmat Galicia, un proxecto que leva xa dez anos impulsando os talentos matemáticos entre nenas e nenos de 12 e 13 anos, amosándolles desde as idades máis temperás que na súa vocación non debe haber diferenzas de xénero. E, coa iniciativa Donas do código, alumnas e alumnos de 6º de primaria do colexio de Laredo, en Redondela, investigaron e deron a coñecer as figuras de nove mulleres de referencia nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía.
Ao fío disto, expresou tamén a necesidade de que as mozas con vocación científica coñezan ás mulleres que viñeron antes e lles abriron o camiño. E, con este fin, recordou o premio María Wonenburguer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?