Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O uso de drons contra os lumes colle pulo nas comarcas de Deza e Tabeirós-Montes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O uso de drons contra os lumes colle pulo nas comarcas de Deza e Tabeirós-Montes

Redacción
Publicado: 16/03/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_fire1.jpgCombater os lumes con drons e tecnoloxías de seguimento e análise da información non só é posible, é que xa case é unha realidade. Así nolo conta a Universidade de Vigo que impulsa o proxecto internacional FireRS (wildFIRE Remote Sensing) e que, en materia de aplicación directa dos obxectivos do proxecto, vai poñer o foco nas comarcas de Deza e Tabeirós-Montes, moi castigadas por lumes forestais que se repiten ano tras ano. O proxecto, que ten un importe de 2 millóns de euros (ata 2019), inclúe a entrada en xogo dun picosatélite, unha flota de drons e sensores infravermellos en terra, ademais dun centro de control para a xestión da información. En definitiva, búscase “crear unha ferramenta que sexa quen de realizar unha detección temperá e achegar información en tempo real dos lumes forestais aos servizos de emerxencia”.
O papel crucial da comarca pontevedresa no proxecto coordinado pola Universidade de Vigo e no que participan a Universidade de Porto e o Laboratorio de Análise e Arquitectura de Sistemas de Toulousse de Francia, materializouse este 15 de marzo nun convenio asinado entre a institución académica viguesa e o Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Montes, que será o encargado de testar as tecnoloxías desenvolvidas ao abeiro da iniciativa, a través de varios simulacros parciais e un final con lume real e controlado.
“É moi importante para nós dispoñer de usuarios reais”, asegurou o docente e investigador principal do proxecto FireRS, Fernando Aguado, que incidiu no impacto directo que a investigación ten na sociedade. Aguado, xunto ao tamén investigador da institución académica viguesa Pablo Izquierdo e Juan José Muñoz, xerente-xefe do consorcio, acompañaron á vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo, e ao presidente do consorcio e alcalde de Agolada, Ramiro Varela, na sinatura do acordo de colaboración entre ambas as dúas institucións.
Lume 1
Ao abeiro do proxecto, a Universidade de Porto e LAAS-CNRS encárganse dos procesos de integración dos vehículos aéreos non tripulados (UAV polas súas siglas en inglés) e cámaras infravermellas e do software e a predición do comportamento dos lumes forestais, respectivamente. Pola súa banda, a Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo fai o propio co deseño e integración de Lume 1, o cuarto satélite da Universidade de Vigo tras XaTcobeo (2012), Humsat-D (2013) e Serpens (2015). “Estamos neste intre no proceso de licitación pública da empresa que se vai encargar del proceso de integración para el lanzamento do cubesat”, avanzou Fernando Aguado, que confirmou que o satélite chegaría ao espazo, no derradeiro trimestre de 2018, a bordo do foguete indio PSVL (Polar Satellite Launch Vehicle), ben, nun Falcon 9 de Space X.
Segundo informou, o cubesat ten unhas dimensións de 20X10X10 centímetros e un peso aproximado de 2,45 quilos e orbitará a unha altura de entre 500 e 600 quilómetros durante aproximadamente un ano. “A idea é validar a nova tecnoloxía que incorpora na carga útil, que é unha evolución dos satélites anteriores, e que sexa un produto transferible”, explicou Aguado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?