Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os desafíos da cultura dixital centraron unha xornada en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os desafíos da cultura dixital centraron unha xornada en Compostela

Redacción
Publicado: 16/03/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180315_aculturadixitalengalicia_bigdata_xaquingv_manuelgago_clarahiguera_dsc5928.jpgO Consello da Cultura Galega celebrou onte a xornada A cultura dixital en Galicia: de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade, que abordou de xeito multidisciplinar o ámbito dos datos masivos dende o punto de vista da investigación, a historia, a comunicación e a enxeñaría informática a través de distintos expertos que alertaron de problemas como a necesidade de sistemas de verificación que eviten a propagación de falsidades ou a demanda de relatos visualmente atractivos para os usuarios. No caso específico da cultura galega advertiron que, pese á existencia de numerosos proxectos e iniciativas voluntaristas que aproveitan as ferramentas en liña, a emerxencia de algoritmos nas grandes plataformas na Rede están a invisibilizar os contidos xerados na nosa lingua, o que supón un grande atranco que cómpre superar.
Na sesión de mañá, Carlos Elías, da Universidade Carlos III de Madrid, abordou os riscos da sobreabundancia de mensaxes, do ruído e alertou da facilidade coa que se propagan os díxomes. Xaquín G.V., infografista, e Clara Higuera, Data Scientist da BBC, explicaron como tratan os datos masivos dende o punto de vista informático e da súa visualización para ser contados ao público. Incidiron na necesidade dunha ética dos datos que permita compatibilizar a necesidade de comprender mellor o comportamento dos usuarios co respecto á súa intimidade. Xaquin G.V. falou, ademais, da importancia de que os datos relaten historias que outros medios non poden contar e que consigan formatos atractivos para os usuarios.
ccg_20180315_164737.jpgDurante a tarde, Jesús Miguel Flores Vivar, director de Internet Media Lab na Universidad Complutense de Madrid alertou da alta presenza de canfurnadas na Rede e avogou por procesos de verificación e sistemas para achegar valor engadido aos produtos culturais. Tamén salientou a intencionalidade de moitos díxomes para incluír na opinión pública e fixo un chamamento á responsabilidade dos medios de comunicacións advertindo que a creación de falsidades pode rastrexarse.
ccg_20180315_173440.jpgCarmen García Mateo, catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, ofreceu o punto de vista tecnolóxico e analizou as posibilidades e responsabilidades que ofrece o Big Data, a automatización e a intelixencia artificial. Deu conta das dificultades de procesar grandes volumes de datos, deixando claro que o realmente complicado é peneirar os datos relevantes, de aí que cada vez sexa máis importante a análise da información. No caso do audiovisual tamén é posible aplicar estas tecnoloxías, e así deu conta de sistemas que mediante o procesamento de linguaxe natural e outras tecnoloxías semellantes de xerar etiquetas para poder organizar documentos multimedia, o que pode ser unha ferramenta de enorme utilidade.
ccg_20180315_190520.jpgA xornada concluíu coa posta en común das realidades e desafíos que ofrece a cultura dixital en Galicia da man de María Yáñez, especialista en estratexias nas redes; Marcus Fernández, webmaster de Código Cero e Rubén Bastón, de Elogia. Marcus Fernández estableceu paralelismos entre os ámbitos culturais tradicionais e os vieiros que atopan na contorna dixital; Rubén Bastón quixo destacar a ameaza para a nosa lingua que supón Google, desincentivando o uso do galego na web; mentres que María Yáñez quixo expor toda unha serie de cuestións sobre as que sería preciso reflexionar para tomar posicións a longo prazo para poder garantir o futuro da nosa cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?