Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada do CPEIG axudará ás administracións a adaptarse ao novo regulamento de protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada do CPEIG axudará ás administracións a adaptarse ao novo regulamento de protección de datos

Redacción
Publicado: 16/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_xornadas_proteccion_datos-4.jpgO Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizará o 23 de marzo unha xornada técnica e divulgativa sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e administracións públicas. A actividade, organizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), celebrarase de 9:30 a 14:30 horas no Edificio CERSIA de Santiago de Compostela. Será inaugurada pola directora da AMTEGA, Mar Pereira; o vicepresidente executivo da FEGAMP, Manuel Mirás; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. O obxectivo é poñer o foco nas responsabilidades das administracións locais e das restantes administracións de velar pola salvagarda dos datos persoais dos cidadáns no desenvolvemento das súas funcións.
Este labor de análise, reflexión e formación é máis preciso ca nunca, segundo informa o CPEIG, sobre todo se temos en conta o “forte impacto” que vai ter o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), tanto en cidadáns e empresas coma nas propias administracións, requiríndose “un gran esforzo de adaptación ao novo marco legal por parte de todos”. A xornada botará luz sobre a entrada en aplicación da nova normativa. Ademais, explica a organización, “servirá para concienciar da necesidade de adaptarse progresivamente ás novidades introducidas”.
Para quen non o saiba, o Regulamento Europeo de Protección de Datos (RXPD) foi publicado en maio de 2016, entrando en vigor nese mesmo mes, e será de aplicación a partir do 25 de maio de 2018, polo que todas as modificacións no tratamento de datos que deban realizarse terán que estar preparadas para esa data.
Os relatores encargados de explicar estas novidades serán a doutora en Dereito, secretaria de administración local e codirectora da Red Localis, Concepción Campos; a directora xeral de UNIVE Avogados, Carmen Cas; o xefe do departamento de Seguridade en AMTEGA, Gustavo Herva; e o doutor en Dereito e director do Master Protección e Tratamento de datos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Daniel Neira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?