Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Livetopic pecha rolda de financiamento de 100.000 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Livetopic pecha rolda de financiamento de 100.000 euros

Redacción
Publicado: 19/03/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

equipo_livetopic.jpgA startup galega Livetopic, centrada en tirar partido da comunicación móbil e das tecnoloxías avanzadas de análise da información para recomendar aos usuarios os mellores pasos a seguir para mellorar a súa situación económica, vén de pechar unha rolda de financiamento de 100.000 euros. Entre os novos investidores figuran investidores de proximidade como Telmo Pérez Luaces, xefe de Innovación e Novos Negocios en Acciona, ou Sixto Arias, director executivo de Made in Möbile. Completan a rolda de investimento altos directivos do sector financeiro e empresarios do tecido empresarial galego.
Segundo fan saber os responsables de Livetopic a conto da rolda de financiamento, os obxectivos da startup a curto prazo pasan con “converterse nun referente no asesoramento financeiro dixital a nivel nacional” e dar o chimpo ao mercado europeo. Alejandro Mariño, director executivo de Livetopic, comenta: “Estamos moi satisfeitos do apoio recibido, o cal nos permitirá acelerar procesos con vistas a cumprir os obxectivos marcados”. Tamén explica que o peche desta rolda de financiamento supón “un novo fito na curta pero intensa vida de Livetopic”.
Lembrar que a nova firma galega foi recoñecida recentemente co primeiro premio do INSEAD Venture Competition (o mesmo galardón que recibiu no seu día BlaBlaCar) e o primeiro premio do programa Santalucía Impulsa, como startup con importante proxección.
A nova firma, emprazada en Pontevedra, está centrada en tirar proveito das máis avanzadas tecnoloxías para facer análises detalladas e independentes da nosa situación económica e financeira, achegándonos asesoramento sacar a máxima rendibilidade dos nosos aforros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?