Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo e Gradiant colaborarán en achados concretos de ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo e Gradiant colaborarán en achados concretos de ciberseguridade

Redacción
Publicado: 19/03/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_gradian_cyprian.jpgA Universidade de Vigo quere ir máis alá de tender pontes entre o tecido investigador dos campus e o tecido industrial galego: quere impulsar ao máximo a circulación por esas ponte. Circulación de que tipo? Pois basicamente de coñecemento avanzado e tecnoloxías prontas para ser aplicadas no mercado con vistas a crear produtos e servizos concretos que sexan rendibles e que melloren a nosa vida diaria. Estes son algúns dos obxectivos básicos de Cyprian, CYbersecurity, PRIvacy and Anonymity Lab, un laboratorio posto en marcha entre a Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e que foi presentado hoxe nos seus detalles polos principais responsables.
Participaron Salustiano Mato, reitor da UVigo, Domingo Docampo, ex-reitor e docente da Escola de Telecomunicación, Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant, o director do centro AtlantTIC, o profesor Carlos Mosquera, e a comisionada do reitor para o Vigo Tecnolóxico, Edita de Lorenzo
Segundo fixeron saber, Cyprian non terá sede propia de seu, pero si cometidos firmes e claros: por exemplo, realizar actividades que fomenten a transferencia, desenvolver proxectos de investigación e teses de doutoramento, facilitar asesoramentos, fomentar as sinerxías entre tecido industrial e outras partes interesadas, permitir estadías cruzadas de persoal e achegar a posibilidade de compartir equipamentos, entre outras cuestións.
Segundo apuntou o reitor, Cyprian “é un paraugas que abriga todo o que estamos facendo e todo o que imos facer no futuro”, explicou, ao tempo que fixo fincapé en que a sinatura do convenio chega nun momento “de clara madurez” para Gradiant, “cando xa é unha peza importante do ecosistema de innovación galego” e a idea é dotar a relación entre ambas institucións “dunha perspectiva a medio e longo prazo”.
Na formalización do acordo, os responsables de ámbalas entidades engadiron que a ciberseguridade e o procesado seguro da información será un dos grandes eidos de actividade conxunta, un ámbito no que a Universidade e Gradiant xa viñan traballando xuntos, pero ao que se lle vai dar novos azos ao abeiro de Cyprian. “Cando falamos de ciberseguridade estamos a falar agora mesmo de algo que xa leva aí moito tempo, xa que desde que as TIC son TIC sempre preocuparon estes temas e isto foi a máis nos últimos anos coa dixitalización, a irrupción da industria 4.0, a internet das cousas… Trátase de ser capaces de procesar e competir a información dun xeito seguro”, explicou o director xeral de Gradiant.
Ciberseguridade, punto forte do Vigo Tecnolóxico
“Os contidos da investigación e da innovación que se fan en Gradiant están aliñados coa estratexia da Universidade de Vigo e, máis concretamente, do noso campus de especialización, o Vigo Tecnolóxico”, explicou o reitor vigués, engadindo que “a través de Gradiant conseguimos que o coñecemento que se xera nos nosos laboratorios chegue á realidade social, non só ao tecido empresarial, senón tamén ao día a día das persoas e esta é a forma que entendemos, a través da transferencia de coñecemento, de facer músculo na sociedade na que vivimos e ser un auténtico axente de desenvolvemento económico”. Mato tamén lembrou que a Universidade conta xa cunha Cátedra Deloitte de Ciberseguridade, ten como centro adscrito o Centro Universitario da Defensa e que o vindeiro curso comezará tamén a impartirse na Universidade de Vigo un máster especializado en ciberseguridade.
p margin-bottom: 0.25cm; line-height: 120%; a:link

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?