A semana pasada estivo visitando a nosa terra unha delegación do Goberno das Illas Canarias, encabezada polos directores xerais de Telecomunicacións e Novas Tecnoloxías, Manuel Ángel Castellano, e de Modernización e Calidade dos Servizos, Pablo Javier Hernández. A delegación quixo afondar nas orixes, estratexias e roteiros despregados por AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), e por esta razón os seus integrantes mantiveron dúas xuntanzas ca directora da entidade, Mar Pereira.
En boa medida, interesáronse no proceso de creación da axencia pública que, como lembraremos, ostenta a política tecnolóxica da Xunta (integra baixo unha mesma dirección todos os recursos materiais e orzamentarios implicados nas políticas tecnolóxicas da Xunta). Nas xuntanzas, entre outras cuestións, mostróuselles o cando, o porqué e o como da posta en marcha da axencia (por exemplo, que foi creada en 2012 como “unha aposta do Goberno galego por un modelo de xestión das TIC integrado para prestar mellores servizos, máis eficaces e con menor custe” e que o modelo de xestión que rexe a axencia permitiu consolidar un aforro anual no gasto tecnolóxico de máis de 7 millóns de euros grazas a procesos como a centralización de compras, a negociación única no pago de licenzas cando é “imprescindible”, ao fomento do software libre, á integración do gasto en telefonía e comunicación ou á consolidación de infraestruturas nun único CPDI). Precisamente, o Centro de Datos Integral da Xunta foi outro dos puntos de visita da delegación do Goberno Canario.
O Goberno das Canarias interésase polo modelo de AMTEGA
Compartir Este Artigo

