Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A poboación de Ourense poderase ver ao detalle nunha nova ferramenta web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A poboación de Ourense poderase ver ao detalle nunha nova ferramenta web

Redacción
Publicado: 20/03/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mb_xeovivenda_ourense.jpgA semana pasada a Deputación e a Asociación de Construtores de Ourense presentaron unha iniciativa tecnolóxica para afondar no coñecemento da provincia dende os puntos de vista demográfico e urbanístico. Trátase, máis polo miúdo, do proxecto Xeovivenda Ourense, unha ferramenta web que achega información sobre o parque de vivenda da provincia (e sobre a distribución da poboación) e cuxo desenvolvemento é froito da colaboración entre as dúas ditas entidades. Segundo fixo saber a Deputación, a plataforma complementará o labor que desprega o Observatorio Económico provincial e fornecerá (“de maneira áxil”) datos xeorreferenciados e análises de todo Ourense, dos concellos e mesmo de cada inmóbel.
“Isto”, sinalou o presidente Manuel Baltar, “converte a ferramenta nun recurso moi axeitado para as administracións á hora de decidir determinadas políticas en materia de vivenda, e tamén para os cidadáns para propoñer cuestións que teñan que ver, por exemplo, coa eficiencia enerxética”.
Xeovivenda Ourense permite que as administracións públicas teñan datos concretos da contorna, como por exemplo que a provincia conta con 3.653 núcleos de poboación, dos cales o 90% deles teñen menos de 100 habitantes. Ou, tamén, que 149 núcleos de poboación están deshabitados neste intre. “Estas informacións van ser de utilidade para tomar decisións que serán máis acertadas e irán mellor encamiñadas ao ter a fiabilidade que nos outorga un instrumento destas características”, engadiu Baltar.
Os obxectivos do proxecto son os seguintes: axudar ás administracións e ao sector da construción na toma de decisións no eido da vivenda na provincia, ofrecer aos propietarios información sobre as posibilidades de mellora que ofrece a súa vivenda desde a perspectiva da eficiencia enerxética, e crear a base que permita nun futuro contar cun cadro de mando xeoreferenciado da provincia de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?