Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange equipa con conexións ultrarrápidas 811 centros docentes públicos da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange equipa con conexións ultrarrápidas 811 centros docentes públicos da nosa terra

Redacción
Publicado: 20/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20180320_orange.jpgO operador de telecomunicacións Orange vai dotar de conexións de máis de 100 Mpbs a 811 centos educativos galegos de Primaria e Secundaria. Así o asegurou hoxe o delegado da compañía en España, Laurent Paillassot, nunha xuntanza co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que o responsable de Orange fixo un percorrido polos traballos desenvolvidos ao abeiro de Escolas Conectadas, o proxecto para equipar os ámbitos docentes con redes ultrarrápidas do que a firma Orange resultou adxudicataria.
Escolas Conectadas, como lembraremos, desenvólvese na nosa terra grazas ao traballo conxunto de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación, Cultura Deporte e Red.es, a entidade estatal responsable da licitación.
Durante a reunión, Paillassot comunicou que Orange está neste intre abordando a fase final do proxecto, que prevé completar en abril os traballos nos últimos 22 centros, dun total de 811. Segundo lembrou, os labores levados a cabo permitirán que o 63% destes centros dispoñan de velocidades de 500 Mbps e o 37% restante de 150 Mbps. Ademais, recordou que Orange achegará tecnoloxía sen fíos (Wi-Fi) a 400 centros e a Xunta a outros 400. O investimento público destas actuacións xunto co custe do mantemento das liñas supoñen un orzamento de 19,7 millóns de euros.
A Xunta farase cargo do mantemento das liñas, unha vez que se complete a fase de validación dos centros, que garante que as velocidades de conexión son as estipuladas nos pregos.
Desde a Xunta trasladóuselle a operador “a necesidade de acurtar os tempos de resposta ante as posibles incidencias técnicas nas conexións”.
Respecto dos obxectivos xenéricos da compañía en Galicia, o conselleiro delegado do operador sinalou que a finais de 2019 a compañía terá investido na nosa terra “máis de 92,5 millóns de euros no despregue da súa rede”, acadando “unha cobertura aproximada do 53% sobre o conxunto de vivendas principais da Comunidade galega, distribuídas en 40 municipios”. Paillassot tamén fixo saber que de maneira complementaria, a compañía de telecomunicación destinou xa 202 millóns de euros para despregar a tecnoloxía móbil 4G no territorio da Comunidade, aos que se sumarán outros 5,3 millóns máis este mesmo ano para completar o despregue destas redes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?