Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha vintena de entidades participa no terceiro Foro Emprego da ESEI de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha vintena de entidades participa no terceiro Foro Emprego da ESEI de Ourense

Redacción
Publicado: 20/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_emprego_foro_esei_ourense.jpgEsta semana, entre hoxe e mañá, celébrase na Escola Superior de Enxeñaría en Informática do Campus de Ourense unha nova edición (a terceira) do Foro Emprego. A cita, un espazo común para empresas do sector TIC e alumnado (onde poder establecer contacto e achandar o terreo para máis que posibles colaboracións laborais) desenvólvese a partir das 10.00 horas no salón de graos do Edificio Politécnico. No foro están a participar arredor dunha vintena de compañías e entidades, todas elas co nexo común de demandar profesionais do eido tecnolóxico. Segundo apuntou a Escola na inauguración (hoxe pola mañá) do encontro, “o que diferenza este foro de emprego doutros é que o alumnado participa nel consciente das vantaxes que lle dan as elevadas taxas de empregabilidade destes titulados e tituladas”.
O obxectivo da iniciativa, explica Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, é duplo. Por unha banda,“ao alumnado permítelle coñecer o mercado laboral, contactar con empresas do sector e ver que proxectos están a desenvolver na actualidade”. Por outra banda, sinalou, “ás empresas permítelles contactar co alumnado de mestrado e de grao desde etapas temperás, antes da súa saída ao mercado laboral”. O director da ESEI tamén lembrou as “altas taxas de empregabilidade do sector, superiores ao 90% unha vez remata a titulación”.
Repetindo moitas delas de anteriores edicións, o foro conta coa participación de empresas e entidades como Bahía Software, Tecnologías Plexus, Grupo Cuevas, Balidea Consulting, Viewnext, Gradiant, Altia, Redegal, Arbentia Consulting, Optare Solutions, Imatia Innovation, Sivsa Soluciones, Coremain, Everis e Indra Sistemas.
A programación permite ao alumnado asistente asistir a presentacións de cada unha destas entidades e por outra realizar entrevistas individuais cos representes destas empresas, entrevistas nas que os estudantes poden entregarlles os seus currículos e establecer contacto.
A primeira das presentacións correu a cargo de Bahía Software, empresa de consultaría tecnolóxica de software a medida nada en 1999 e que na actualidade conta con arredor de 180 traballadores e traballadoras. Iria Vázquez, técnica de selección da entidade, e Álvaro Suárez, responsable da delegación en Ourense, foron os encargados de explicar ao alumnado presente as características da empresa, dalgúns dos perfís tecnolóxicos que están a procurar e de proxectos que na actualidade están a desenvolver en diferentes eidos, sobre todo no da saúde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?