Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra luciu provincia ante blogueiros e instagramers de todo o ámbito estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra luciu provincia ante blogueiros e instagramers de todo o ámbito estatal

Redacción
Publicado: 21/03/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pontevedraprovincia_madrid.jpgA Deputación de Pontevedra quere facer turismo da provincia. E quere facelo ampliando e espallando canles de comunicación. Nesta liña insírese o evento celebrado onte pola tarde no Teatro Rialto de Madrid, onde a Deputación xuntou centos de persoas para mostrarlles os atractivos locais ao abeiro do cancelo #PontevedraProvincia. No acto participaron a presidenta da entidade, Carmela Silva, e máis o xornalista pontevedrés, Xabier Fortes, amais dunha completa equipa de turoperadores, profesionais da comunicación de medios xerais e especializados en turismo, blogueiros, figuras referenciais das redes sociais e, tamén, instagramers. O destino Rías Baixas foi o nexo unión de todas e todos as/os presentes.
O evento, entre outras actividades, acolleu a presentación de varios vídeos de promoción turística. O primeiro deles foi Somos historias, a peza audiovisual de lanzamento da campaña de Turismo Rías Baixas, no que María Vinyals é o eixo argumental. Da súa man, e guiados pola presidenta provincial e polo xornalista pontevedrés Xabier Fortes, as persoas congregadas no evento descubriron o Castelo de Soutomaior e outros elementos do patrimonio fortificado, xacementos arqueolóxicos e, tamén, espazos naturais e paisaxísticos da provincia de Pontevedra.
Outro dos vídeos presentados xirou arredor do patrimonio natural pontevedrés, a propósito do cal Silva e Fortes salientaron que “temos tal variedade de climas e paisaxes que converten á provincia de Pontevedra nun espazo único, diferente, cunha costa recortada e singular, ríos cortos e caudalosos que regan de vida toda unha paisaxe de bosques e montes”.
Tamén se deu a coñecer en Madrid “a visión de múltiples escritores e escritoras”, desde a antigüidade ata os nosos días, sobre a provincia de Pontevedra: Mendiño, Martín Códax, Xoan de Cangas, Nun Trez, Julio Verne, a propia María Vinyals, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Torrente Ballester ou Valle Inclán. Asemade, mostrouse o rico patrimonio etnográfico e cultural da provincia, destacando o Museo de Pontevedra, o Museo do Mar de Vigo e os RíasBaixasFests.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?